O alcalde convoca os portavoces para volver levar a pleno a cesión de terreos para a residencia que construirá a Fundación Amancio Ortega

24 de novembro de 2021 - 13:43

O goberno municipal retoma así a proposta de cambio de uso da parcela da antiga estación de autobuses, que non saiu adiante nos plenos dos días 3 e 14 de setembro e 6 de outubro por non acadar a maioría absoluta do Pleno (14 votos) que require a súa aprobación.


Imagen de noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocou esta mañá unha xunta de portavoces para o vindeiro luns, 29 de novembro, ás 8:30 horas, no salón de plenos, cun asunto na orde do día:

  • Incorporación á orde do día da vindeira sesión plenaria do 3 de decembro de 2021, previo consenso cos grupos da Corporación, do cambio de uso da parcela sita en carretera de Vigo, 1B, antigamente destinada a estación de autobuses de Ourense, en relación coa construción da reside ncia da Fundación Amancio Ortega.

O goberno municipal retoma así a proposta de cambio de uso da parcela, que non saiu adiante nos plenos dos días 3 e 14 de setembro e 6 de outubro por non acadar a maioría absoluta do Pleno (14 votos) que require a súa aprobación.

A proposición contempla o cambio de uso da parcela emprazada na estrada de Vigo, 1B, antigamente destinada a estación de autobuses de Ourense, coa finalidade de que pase a ter os usos de sistema xeral de equipamento asistencial (donde a Fundación Amancio Ortega construirá unha residencia para persoas maiores cun investimento de 12 millóns de euros), sistema local de equipamento deportivo e sistema local de zonas de esparexemento e parques.