Responsive image 27-05-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O alcalde asume as competencias de Recursos Humanos e delega Servizos Xerais en Armando Ojea

29 de setembro de 2021 - 14:49

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou esta mañá un decreto de delegación de competencias que dá lugar a un novo reparto de áreas. O rexedor asume Recursos Humanos e delega Servizos Xerais no tenente de alcalde, Armando Ojea.


Imagen de noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou esta mañá un decreto de delegación de competencias que dá lugar a un novo reparto de áreas. Así, en virtude do acordo, quedarán baixo a directa dependencia da Alcaldía a Dirección Xeral de Administración Municipal; a Dirección Xeral de Innovación, Tecnoloxía , e Intelixencia Artificial; a Dirección Xeral de Recursos Humanos; a Asesoría Xurídica; a Avogacía Consistorial; e Sistemas de información.
Así mesmo, a Alcaldía asumirá a Concellerías de Recursos Humanos, de Promoción Económica -da que dependen Emprego e Formación Ocupacional; Recursos Europeos; OMIC e Comercio-, Infraestruturas -da que dependen obras; servizo de augas; servizo eléctrico; e mantemento viario e mobiliario urbano-; e Educación e Cultura -festexos, artes escénicas, exposicións e museos; así como Educación-.
Do mesmo xeito, Armando Ojea será o concelleiro de Servizos Xerais, incluíndo a autorización e disposición de gastos, as facultades de dirección e xestión dos servizos correspondentes, así como a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros e a resolución de recursos de reposición que se interpoñan contra os ditos actos.

Armando Ojea seguirá sendo tenente de alcalde do Concello de Ourense, e responsable de Cooperación Institucional, co que se encargará de realizar as visitas e viaxes institucionais. Compatibilizará estes cargos como deputado provincial en representación do Concello de Ourense por Democracia Ourensana, institución da que forma parte da súa xunta de goberno recentemente, e na que tamén desempeña un importante labor como representante institucional.