Licenzas, subvencións e acordo regulador, na xunta de goberno local de hoxe

26 de agosto de 2021 - 08:53

Outorga licenzas a outras 5 obras de iniciativa privada na cidade e 3 subvencións a obras de rehabilitación Aproba unha modificación do acordo regulador “para racionalizar e poñer orde” nas horas extraordinarias


Imagen de noticia

A xunta de goberno local do Concello de Ourense tratou na súa xuntanza desta mañá un total de 12 asuntos presentados polas diferentes áreas municipais. Entre eles, 8 expedientes urbanísticos, con 6 licenzas de obra: 5 de iniciativa privada e 1 pública: a restauración da torre de San Martiño e a fachada occidental da catedral, que realizará a Xunta de Galicia cun investimento de 273.500 euros, e 3 axudas a actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas realizadas por particulares nas áreas de rehabilitación urbana (ARRU) da cidade. A xunta local aprobou tamén a modificación do artigo 21 do acordo regulador das condicións de traballo dos empregados públicos, coa finalidade de “poñer orde e racionalizar” as horas extraordinarias no Concello de Ourense, segundo explica o goberno municipal.