Responsive image 15-08-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

A xunta de goberno aproba o Plan estratéxico de subvencións de Asuntos Sociais do Concello

19 de maio de 2022 - 09:01

Na mesma sesión, tratáronse un total de 15 asuntos presentados polos diferentes servizos municipais


Imagen de noticia

A xunta de goberno local  aprobou na súa sesión desta mañá o Plan Estratéxico de Subvencións da Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense para o período comprendido entre os anos 2022-2024. Tal e como explica a concelleira de Servizos Sociais, Eugenia Díaz Abella, "o plan estratéxico de subvencións de Servizos Sociais é o piar fundamental para garantir que poidan funcionar todas as liñas de axudas directas que poñemos en marcha desde a Concellería de Servizos Sociais. É un requisito legal que esixe a Lei de Subvencións e, aínda que temos vixente o deste ano ata o mes de decembro, con este paso avanzamos na tramitación do seguinte para que as axudas sociais estean garantidas para todas aquelas persoas e entidades que precisan do Concello de Ourense. Coa axeitada planificación que iniciamos con este paso, renovamos o plan estratéxico de subvencións para prestar o mellor servizo a quen máis o necesitan".

Na mesma sesión, tratáronse un total de 15 asuntos presentados polos diferentes servizos municipais.

Máis información na: Nota de prensa da xunta de goberno 190522