Responsive image 27-05-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

Cancélase un desfile de Entroidos da Provincia de Ourense previsto para o 31 de outubro

23 de setembro de 2021 - 11:49

A necesidade de acoutalo a un número reducido de rúas (2 ou 3 como máximo), e necesidade de valados, fano inviable en plena época Covid


Imagen de noticia

Debido á Covid, por indicacións da xefatura do servizo de Cultura do Concello de Ourense, cancélase un desfile de Entroidos da Provincia de Ourense, que se estaba preparando para o 31 de outubro de 2021.

A necesidade de acoutalo a un número reducido de rúas (2 ou 3 como máximo), e necesidade de valados, fano inviable en plena época Covid.

Era un evento, que se prevía incorporar á celebración da noite de medo do 31 de Outubro.

O Concello con todo, mantén o resto do plan para a noite de Halloween, véspera de Todos Los Santos. É dicir, a noite do 31-10-2021, haberá escenificacións da Santa Compaña, e actores de terror, no casco antigo.