Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
9 de xuño de 2021 - 11:50
O Concello de Ourense organiza actividades de verán no Espazo Coeduca, dirixidas a nenas e nenos de 6 a 12 anos, que se desenvolverán de luns a venres, de 9 a 14 horas, nas dependencias da Concellería de Igualdade, na rúa do Ensino, número 24, en dúas quendas: xullo e agosto. As prazas son limitadas debido ás restricións sanitarias: inicialmente 24, (12 en xullo e 12 en agosto), que se poderían aumentar se o permitise a evolución da normativa sanitaria; e adxudicaranse por orde de inscrición. As persoas interesadas poderán anotar as súas crianzas a partir do día 21 de xuño, mediante cita previa telefónica para evitar aglomeracións que poñan en risco a saúde, nos teléfonos 672-780-515 e 687-050-196. As actividades están organizadas pola Concellería de Igualdade do Concello de Ouense, coa subvención do Ministerio de Igualdade-Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e están dinamizadas por Afouta.
O Espazo Coeduca é unha iniciativa da Concellería de Igualdade-CIM que entrou en servizo no verán de 2012 coa finalidade de fomentar unha educación equitativa e igualitaria en liberdade e convivencia coa diversidade, como unha medida compensatoria incardinada no III Plan para a Promoción da Equidade de Xénero do Concello de Ourense 2017-2020.
O obxectivo principal do Espazo Coeduca é promover a creación dun espazo alternativo e complementario ao ámbito da educación formal seguindo un modelo coeducativo nas pautas socioeducativas a implementar con nenos e nenas, pais e nais, nun entorno igualitario de aprendizaxe e lecer adaptado ás necesidades e aos tempos das familias e á súa conciliación. Asi, o Espazo Coeduca desenvolve, entre outras, actividades de aprendizaxe, lúdicas e deportivas que posibiliten que as nenas e os nenos se sintan protagonistas do seu proxecto vital e que lles permitan vivenciar que o feito de ser homes ou mulleres ten a mesma importancia.