Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
9 de decembro de 2021 - 12:06
A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta mañá a addenda número 1 ao convenio de colaboración asinado o día 18 de marzo de 2021 entre a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil e o Concello para a construción dun sistema de retención de flotantes no aliviadoiro de Ponte Lebrona, na conca do río Barbaña.
O convenio prevé a execución dun investimento de 95.000 euros para mellorar a calidade das verteduras ao río Barbaña a través do aliviadoiro de Ponte Lebrona. As obras serán executadas pola Confederación Hidrográfica e, unha vez finalizadas, seranlle entregadas ao Concello para o seu mantemento e conservación. A addenda aprobada hoxe só afecta as anualidades da execución do investimento, serán 6.500 euros no que resta do presente ano 2021 e 88.500 en 2022.
Na mesma sesión, ordinaria desta semana, a xunta de goberno local aprobou un total de 12 asuntos presentados polas diferentes áreas de xestión municipal.