A Praza de Abastos N.1 é a protagonista do cupón do sorteo diario da ONCE do 8 de novembro

4 de novembro de 2021 - 09:35

Repartiranse 5,5 millóns de cupóns en toda España con esta imaxe, xa á venda a través dos vendedores da organización


Imagen de noticia

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá na Alcaldía a Jesús Sánchez, delegado da ONCE en Ourense, quen lle presentou a imaxe do cupón do sorteo do luns, 8 de novembro, dedicado á Praza de Abastos Nº1.

Repartiranse 5,5 millóns de cupóns en toda España con esta imaxe, xa á venda a través dos vendedores da organización, a un prezo de 1,50 euros. Ademais do premio económico -35.000 euros máis 3.000 euros mensuais durante 25 anos-, o cupón supón unha axuda para a acción social da ONCE, que redunda na prestación de servizos para persoas cegas e con calquera tipo de discapacidade.