A construción da residencia da Fundación Amancio Ortega, pendente dun acordo plenario ou da intervención da Xunta

29 de novembro de 2021 - 11:04

“A pelota está agora no tellado da Xunta de Galicia ou na de PSOE e BNG, que están bloqueando a cidade”, asegurou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, logo da xunta de portavoces que convocou esta mañá para retomar o cambio de uso da parcela que antigamente acollía a estación de autobuses, para que a Fundación Amancio Ortega poida construír na cidade unha residencia para persoas maiores.


Imagen de noticia

A pelota está agora no tellado da Xunta de Galicia ou na de PSOE e BNG, que están bloqueando a cidade”, asegurou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, logo da xunta de portavoces que convocou esta mañá para retomar o cambio de uso da parcela que antigamente acollía a estación de autobuses, para que a Fundación Amancio Ortega poida construír na cidade unha residencia para persoas maiores.

O alcalde explicou que a reunión, proposta polo grupo do PP, pretendía retomar o expediente e buscar unha solución para a construción deste equipamento. Na xuntanza desta mañá, asegura o alcalde, quedou claro que a día de hoxe hai dúas vías: acadar un acordo do pleno do Concello de Ourense por maioría absoluta, que sería posible “sempre que PSOE e BNG non o bloqueen”, ou que a Xunta de Galicia aplique a Lei 3/2016, que permitiría construír este equipamento sen necesidade de acordo plenario. Nos dous casos, a Fundación Amancio Ortega financiaría completamente as obras.