Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
11 de xaneiro de 2022 - 14:06
A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ourense dotará os servizos de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil de drons que lles servan de apoio nas súas actuacións. Durante estes días, representantes destas áreas municipais asisten a demostracións para coñecer as prestacións dos modelos de máis alta calidade destas pequenas aeronaves pilotadas por control remoto, que poden resultar de grande utilidade en intervencións como o control do tráfico, o control de masas ou a busca de persoas desparecidas, entre outras.
A Concellería de Seguridade valorará agora diferentes modelos para buscar o que poida resultar de maior utilidade a estes servizos. Tamén se lle proporcionará formación ao persoal de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil para que poidan extraerlle o mellor rendemento a estes equipos.