Responsive image 15-08-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

A Concellería de Medio Ambiente publica a listaxe definitiva de admitidos/ as para o uso de hortos municipais

1 de xullo de 2022 - 13:42

Ao haber máis solicitudes que hortos, o día 6 de xullo haberá un sorteo público no Auditorio Municipal para o outorgamento de autorizacións


Imagen de noticia

A Concellería de Medio Ambiente publicou a listaxe definitiva de admitidos/ as para o outorgamento das autorizacións de uso dos hortos municipais no parque de Montealegre e Mariñamansa.

Tal e como establecen as Bases reguladoras, a relación de persoas está publicada na páxina web municipal e no Taboleiro de Edictos. Ao haber máis solicitudes que hortos dispoñibles, convócase aos solicitantes a un sorteo público que se celebrará o día 6 de xullo ás 09:00 horas no Auditorio Municipal.

Neste acto elixiranse os hortos por orde de sorteo, polo tanto é obrigatorio acudir a este ben persoalmente, provisto de documento identificativo, ou ben mediante representante. Neste último caso deberán presentar autorización debidamente asinada acompañada polos documentos identificativos correspondentes de ambos, representante e representado (DNI, pasaporte ou similar). No caso de que algún solicitante non asistise quedará excluído do procedemento.

Ligazón á listaxe na área de Medio Ambiente desta páxina.