Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
29 de decembro de 2021 - 10:52
A Cabalgata de Reis da cidade de Ourense recuperará o seu formato tradicional o próximo día 5 de xaneiro, cando a comitiva dos Reis Magos percorrerá de novo as rúas da cidade para saudar a rapazada.
O goberno municipal entende que esta actividade pode realizarse no seu formato tradicional dunha forma segura, xa que se desenvolve ao aire libre e as persoas asistentes levarán máscara, xa que o seu uso é obrigatorio na actualidade. Neste sentido, a realización de cabalgatas dinámicas non está prohibida pola normativa sanitaria ditada pola Xunta de Galicia en relación coa pandemia da COVID-19, que recomenda as cabalgatas estáticas, mais non prohíbe as dinámicas.
As súas maxestades Os Reis Magos chegarán á cidade de Ourense no novo tren de alta velocidade ás 17:30 horas, e realizarán o percorrido desde a estación da Ponte até a Praza Maior, cruzando a cidade, acompañados dunha ampla comitiva de animación e carrozas, saudando e agasallando con caramelos a cativada. Para aminorar a agrupación de público, a comitiva sairá da estación de tren a través da rúa de Xesús Pousa, cruzará o río Miño pola Ponte do Milenio e continuará por Pardo de Cela e Progreso até Doutor Marañón, rematando na Praza Maior
Os cambios no itinerario teñen como finalidade aminorar a agrupación de público, optando por viais máis anchos onde sexa máis doado manter as distancias. Neste senso, a organización incide na necesidade de que o público respete as medidas sanitarias: o uso de máscara e a distancia de seguridade.