Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O castellonense Juan Diego Ingelmo, autor do cartel do Samaín, repite premio no Concurso para o Cartel de Magosto -11 de novembro-, festa de interese turístico, convocado pola Concellería de Cultura. A súa proposta, elixida por unanimidade dos membros do xurado entre os 14 traballos recibidos, presenta unha escena tradicional da festa na que figuran todos os elementos “imprescindibles”, en función do veredicto do xurado, leva o premio de 800 euros cos que estaba dotado o concurso.

O xurado, composto pola concelleira de Cultura, dous técnico da Concellería de Cultura (un deles actuando como secretario), dous representantes do campo do deseño, a comunicación e as artes e un técnico do gabinete de prensa do Concello de Ourense, quere salientar a calidade artística da proposta, o seu carácter lúdico e familiar para unha festa tan propia da nosa cidade, así coma “os pequenos detalles que conforman o cartel”.

O Concello de Ourense presentará este luns ás 11:00 horas, en rolda de prensa, a programación do Magosto 2017.