Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, iniciou as obras de mellora da mobilidade urbana nas rúas da nosa cidade de titularidade autonómica: serán un total de 11,5 km de reparación de baldosas que se realizarán cun orzamento de 60.303,01 euros. Estas actuacións son froito da cooperación institucional entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, que ten na mobilidade unha das súas preocupacións principais. Os traballos comezaron esta mesma mañá na rúa Bispo Lourezo, e irán estendéndose polo resto das 14 rúas de Ourense.

As actuacións consistirán en solucionar as deficiencias detectadas nas beirarrúas e mellorar a seguridade viaria. Así, nas zonas onde se observan baldosas en mal estado (rotas ou soltas), reporanse por outras novas. Onde estea a beirarrúa deteriorada, demolerase a superficie e reporase o novo pavimento. Tamén se actuará onde se detecten defectos en materia de accesibilidade, refacendo rebaixes e reforzando tamén a visibilidade en pasos peonís. As rúas nas que se acometerá a reparación son:

“A colaboración da Xunta é primordial para conseguir solucionar un problema que sufrimos a diario os peóns desta cidade, algo polo que agradezo a sensibilidade e a disposición da Consellería de Infraestruturas, personificada na súa titular, Ethel Vázquez, á hora de atender as demandas que lle formulamos desde o Concello”, sinalaba o alcalde, Jesús Vázquez, no momento do anuncio da Consellería de Infraestruturas.