Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
Con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas (14 de xuño), e coincidindo co 10º aniversario do recoñecemento legal destas linguas en España, os grupos políticos do Concello de Ourense declaran, de forma conxunta, "o valor da lingua de signos na educación como garante de equidade, inclusión e de liberdade".

Esta demanda histórica da Asociación de Persoas Xordas de Ourense xunto coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e a Confederación Estatal de Personas Sordas, pretende que o acceso á educación en condicións de igualdade é un dereito indiscutible para o conxunto do alumnado e, no caso de moitos nenos e nenas xordas, este acceso garántese incluíndo a lingua de signos no marco dun enfoque bilingüe-bicultural baseado na aprendizaxe, coñecemento e uso tanto da lingua de signos como da lingua oral da contorna.

Ponte romana iluminada de cor azul

Con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, a ponte romana de Ourense estará iluminada a noite do mércores ao xoves de cor azul.

Declaración conxunta apoiada polos grupos municipais. (pdf)