Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O proxecto da estación intermodal de Ourense poderá someterse en breve a unha nova exposición pública. A estación de tren, a maiores da cuestión urbanística, podería ter que someterse tamén a tramitación pola Lei Ferroviaria, co que se abriría un novo proceso de alegacións.

Actualmente, estase realizando o trámite urbanístico no proxecto conxunto da intermodal, pero tamén fará falta a tramitación pola Lei do Sector Ferroviario, segundo lle fixo saber ao Concello de Ourense a Xunta de Galicia esta mesma mañá.

Como queira que dentro desta tramitación non está incluída a estación de autobuses, no seo da tramitación da Lei do Sector Ferroviario haberá outro período de información pública.