Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
Concello de Ourense

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, iniciou as obras de mellora da mobilidade urbana nas rúas da nosa cidade de titularidade autonómica: serán un total de 11,5 km de reparación de baldosas que se realizarán cun orzamento de 60.303,01 euros. Estas actuacións son froito da cooperación institucional entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, que ten na mobilidade unha das súas preocupacións principais. Os traballos comezaron esta mesma mañá na rúa Bispo Lourezo, e irán estendéndose polo resto das 14 rúas de Ourense.

Acordo entre PP e DO en materia de Servizos Sociais

O Goberno Local de Ourense e Democracia Ourensana deron por finalizada a negociación iniciada para salvar a situación dos Servizos Sociais da cidade.

Presentación do proxecto de mellora enerxética, no mes de maio

O Concello de Ourense, grazas a un convenio acordado coa Xunta de Galicia a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, acondicionará e mellorará o edificio da Comisaría da Policía Local na rúa Victoria Kent. “Acometeremos obras por un importe de 59.965,17 euros destinadas principalmente a optimizar a eficiencia enerxética no edificio da Policía”, aseguraba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno local do 3 de agosto.

Cartel de la 22 edición del OUFF

O 22º Festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebrará entre os próximos 20 e 27 de outubro, contará nesta edición cunha imaxe cun estilo moi marcado, que irá en consonancia con parte da programación do Festival -sobre todo na dos focos e retrospectivas-, que se desvelará nos próximos meses.

Presentación da web de Correos no Concello de Ourense

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, apostou por converter Ourense nunha “etapa consolidada” na Vía da Plata con motivo da presentación no salón de plenos da nova web de Correos adicada ao Camiño de Santiago.