Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O problema do “botellón” parece volver a repuntar na nosa cidade, sendo a Alameda o centro neurálxico do mesmo. Alí, un fin de semana tras outro, acumúlanse restos de basura e vidros, proliferan os actos incívicos de destrozo do mobiliario urbano e intensifícanse os niveis de ruído coas conseguintes molestias para todos os veciños da zona, ademais de fomentarse os hábitos insaudables de consumo de alcol e drogas. Todo isto, segue a existir ano tras ano, ante a impunidade institucional, a falta de existencia dunha lexislación reguladora e a falta de propostas de ocio e educativas para a xuventude de Ourense.

Para os socialistas, soamente multar e prohibir non é suficiente e cremos que a clave está en proporcionar alternativas de ocio e ferramentas educativas para cambiar a cultura de diversión dos nosos xóvenes.

Está claro que dende os Concellos temos a responsabilidade de deseñar e levar a cabo continuamente medidas e iniciativas que favorezan alternativas de ocio e educativas aos xóvenes co fin de tratar de mantera o marxe as condutas pouco saudables; aínda que hai que recoñecer que a maioría son de carácter meramente informativo e non de acción directa.

Por este motivo, e chegados a este punto, dende o Grupo Municipal Socialista, presentamos e aprobouse no pasado pleno de Abril de 2017 unha moción na que instamos ao Goberno Municipal á adhesión ao Programa “Youth in Europe”, co fin de analizar a situación actual da nosa cidade, participar e compartir información sobre iniciativas e medidas reais que se poidan levar a cabo dende o Concello de Ourense para a redución e erradicación tanto de condutas aditivas como de xeito especial do botellón, que repercuten tan negativamente na saúde dos nosos cidadáns e na súa convivencia, sobre todo da nosa xuventude, e que están a ser efectivas noutras cidades de España e de Europa.

Cabe recordar que o programa “Youth in Europe” baseouse na experiencia levada a cabo en Islandia, e que se está a expandir a nivel europeo, propoñendo aos Concellos que se adhiran, participen e pasen á acción directa, aportándolles con ese fin mecanismos para a diagnose, o estudio e a posta en marcha. Nós persoalmente cremos firmemente que nun problema tan relevante e a súa vez tan normalizado na nosa cultura xuvenil como pode ser o botellón ou tamén o consumo doutras substancias aditivas fan falta máis medidas institucionais prácticas e concretas en colaboración cos axentes sociais da nosa cidade, que de verdade poidan resultar efectivas.

Finalmente, tamén debemos advertir, no caso concreto da Alameda do Concello, que antes do inicio das obras de traslado dos placeiros, o noso Grupo Municipal xa había pedido un plan específico ao Goberno do PP para este ámbito ante a futura situación que se iba a producir coa convivencia na nova infraestrutura dos placeiros e os xóvenes que as fins de semana frecuentan a zona actualmente xa delimitada. Pois ben, dende o Goberno Municipal ata o de agora nun tema tan importante como este só se limitan a queixarse da falta de asignación económica a tal efecto, sen propoñer nin comprometer accións específicas desde a súa responsabilidade institucional.

En última instancia, tamén consideramos que sería unha boa oportunidade para a nosa cidade efectuar unha remodelación integral do Parque da Alameda do Concello, que tamén sería útil para a posta en valor deste espazo singular, nos últimos tempos denostado e destrozado pola continua celebración de botellón na zona e a proliferación de actos incívicos.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que se adopten os seguintes ACORDOS:

  1. Instar ao Goberno Municipal a que redacte e poña en marcha os seguintes plans específicos para xerar alternativas de ocio, educar en saúde, adoptar medidas para o favorecemento da convivencia e o cumprimento da lei dende as distintas concellerías delegadas competentes para actuar ante o fenómeno do botellón e consumo de substancias aditivas por parte dos xóvenes de Ourense; e se garanta que exista un compromiso económico nos vindeiros Orzamentos 2018 para os mesmos:

  1. “Plan de Actividades Extraescolares Complementarias centradas no enriquecemento do ocio e o tempo libre dos xóvenes” e “Plan de Actividades a desenvolver a través de Unidades Didácticas nos Centros de Primaria e Secundaria de Ourense para alertar dos perigos do consumo do alcol a idades temperás”.
  2. “Plan Específico de Acción Policial na Alameda do Concello co fin de garantir a seguridade e o respecto ante o traslado e posta en marcha do novo mercado de abastos”
  3. “Programa da Concellería de Xuventude para o fomento dun maior número de actividades como alternativas de ocio e tempo libre”.
  4. “Posta en marcha da diagnose, estudio e posta en marcha do Programa “Youth in Europe” no Concello de Ourense”.

  1. Instar ao Goberno Municipal a que proceda á redacción e adxudicación dun proxecto para a Remodelación Integral do Parque da Alameda do Concello e a súa posta en valor, asignando a tal efecto unha partida específica nos vindeiros Orzamentos Municipais.

        

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar o punto un da moción.

O Pleno do Concello, por dezanove votos a favor dos grupos municipais do Partido Popular, de Ourense en Común e Grupo Municipal Socialista, e oito abstencións do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar o punto dous da moción.

 

4/01/2018: Remitido acordo plenario a dona Sofía Godoy Gómez-Franqueira. Recibido aviso de recepción o 9/01/2018.

Documentos: