Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A cidade de Ourense desfruta do privilexio de ser atravesada por varios ríos, Miño, Lonia, Barbaña, Barbañica. Durante décadas a cidade ignorou ós seus rios, sen consideración maior que usalos coma as súas cloacas. Afortunadamente isto ven mudando e dende un tempo a esta parte a cidade virou a vista cara os seus ríos nun intento de atoparse de novo con eles. Decatouse que era das poucas grandes cidades do estado atravesada por un dos grandes ríos da península, o Miño, e dos beneficios que isto supoñía.

Xa trouxemos con anterioridade outras mocións sobre este temática, e posiblemente non sexa a última, pois aínda queda moito por facer. En Democracia Ourensana creemos que hai moito traballo por diante para conseguir unha profunda simbiose entre a cidade e os seus rios, a axeitada integración e convivencia dos espazos fluviais no espazo e na vida urbana.

Hoxe a nosa cidade conta cun importante patrimonio para o lecer dos seus veciños, como son os seus paseos fluviais a carón dos tres ríos principais: Miño, Barbaña, Lonia. Quilómetros de paseo que estamos na obriga de conservar, mellorar e tamén ampliar, pois aínda hai tramos de ribeira pendentes de incorporación a ese itinerario, no caso da demanda que hoxe traemos o Pleno, o do río Miño.

Na marxe esquerda do río a partires da Pasarela de Outariz, o paseo interrómpese. E preciso instar tanto o Concello de Barbadás como o de Toén —onde atopamos xa certa predisposición— a que ofrezan continuidade ó camiño até a Area recreativa de Alongos. Tanto a zona do cámping de Untes como a marxe esquerda teñen un gran valor biótico pola flora e a fauna que forma parte da devandita contorna, e ofrece a posibilidade de aumentar o paseo existente para completar un circuíto inigualable para o desfrute dos cidadáns que habitualmente utilizan estes paseos.

A proposta que presentamos consiste en aumentar estes sendeiros, instalacións e paseos polo rio Miño, unindo a marxe dereita do río, dende a zona de Oira ata a zona do cámping de Untes, e que proximamente se continuará ata Santa Cruz de Arrabaldo coa marxe esquerda. Outro aspecto a ter en conta e que a nosa proposta engloba é que a marxe esquerda do rio é de uso frecuente de corredores e ciclistas que aproveitan as bondades do pouco desnivel e a vexetación que ten a estrada OU-402 para transitala habitualmente.

Todo esto daría como resultado unha grande dinamización da devandita zona do río Miño, dando valor a este espazo natural privilexiado entre o núcleo urbano de Ourense, a súa zona rural (Untes e Santa Cruz de Arrabaldo) e os Concellos da marxe esquerda do río (Barbadás e Toén)

Para unir ambas ribeiras do rio Miño, sería preciso a construción de unha pasarela. Esta cuestión xa foi obxecto de un anteproxecto fai uns anos nos que xa se falaba desta posibilidade pero que non chegou a levarse a cabo. A pasarela en cuestión, sería parecida a recentemente construída sobre o Miño na poboación dos Peares. Os obxectivos da pasarela, aparte de o máis evidente de unir as dúas marxes do río á altura de Alongos para os peóns, sería tamén levar a circulación de caravanas nun só sentido para desembocar a escasos metros do cámping de Untes. Os usuarios de esta instalación, poderían acceder máis facilmente á zona do cámping pois a saída das autovías Vigo-Madrid -Santiago están a aproximadamente quilómetro e medio de onde se propón a situación da devandita pasarela.

Esta proposta, ademais da implicación dos Concellos de Ourense, Barbadás e Toén, debería necesitar da implicación de entidades coma a Confederación Hidrográfica, a Deputación Provincial de Ourense, a Xunta de Galicia e do Ministerio de Medio Ambiente, así coma tamén das Comunidades de Montes e Federacións Deportivas.

Son moitas as repercusións positivas que xurdirían de materializarse esta proposta e ás que se podería engadir as iniciativas privadas e públicas da que podemos expor varios exemplos:

  1. Relanzar as actividades do cámping de Untes coa posibilidade de buscar captacións de auga quente e facer un cámping termal.
  1. Percorridos en catamarán, unindo Castrelo de Miño ata esta zona navegable do río Miño. Podería ofertar visitas ás numerosas adegas existentes na zona, tanto en Santa Cruz de Arrabaldo como na beira contraria en Feá e Puga.
  1. Deportes de montaña e outros. O engadir 8 quilómetros, aproximadamente, entre a pasarela de Velle e a posible futura pasarela de Untes, poderíase incluso celebrar unha media maratón e dende logo ofertar un gran recorrido para os sendeiristas que percorren diariamente estes paseos. As paradas de Bus próximas, darían a posibilidade de facer tramos distintos practicamente tódolos días da semana para evitar a monotonía.
  1. A recuperación de actividades acuáticas cunha escola de piragüismo que podería promocionar e enlazar coa proximidade do parque acuático de Castrelo de Miño e posible chegada de un catamarán ata dita zona, podería ser un gran atractivo turístico, dinamizando as poboacións que están establecidas a ambas marxes. Sen esquecer que estamos ante un enclave privilexiado para pesca deportiva.
  1. Puntos de observación de aves acuáticas e paxaros cantores.
  1. Construción de un carril bici colídante co paseo fluvial pola marxe esquerda do Miño.
  1. Apoio a hostalería, dado que é outro dos atractivos das poboacións de Untes e Alongos. A degustación de anguías sempre foi unha das atraccións tradicionais de esta zona.

Por todo isto propomos ao Pleno as seguintes

 

 

PROPOSTAS

  1. Pedir ao Alcalde que impulse o remate e mellora do paseo fluvial na marxe esquerda do Rio Miño para a súa conexión coa marxe dereita mediante unha pasarela fronte o Cámping de Untes.

        

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

 

4/01/2018: Remitido acordo plenario a don José Araújo Fernández. Recibido aviso de recepción o 9/01/2018.

Documentos: