Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Durante o mandato do anterior Goberno Socialista, entre os anos 2007 e 2015, foi creada a Rede Municipal de Centros Cívicos, cun total de 6 novos equipamentos distribuídos nos diferentes barrios da cidade, por onde pasan diariamente unha media de 1.500 persoas. A creación e apertura desta Rede Municipal consolidou un novo modelo de participación. Os Centros Cívicos da Rúa Colón, As Termas, A Cuña, A Ponte, Seixalbo e Ceboliño, son un referente importante de dinamización social dos nosos barrios na última década.

A aposta socialista pola construción destes equipamentos fixo posible a renovación total e reubicación das Unidades Interdisciplinarias de Intervención Social (UNIS), no seu día masificadas e descentralizadas, que se converteron en dotacións máis cercanas aos cidadáns con mellores instalacións e máis medios materiais que melloraron substancialmente a atención á cidadanía; tamén se desenvolve nos mesmos o Programa Anual de Actividades para os Centros Cívicos para xente de todas as idades, ademais de programas de reforzo escolar, de conciliación laboral e familiar, ou charlas, conferencias e xornadas, organizadas por calquera tipo de asociación ou colectivo que requira dun local ou sala de reunións para celebralas.

Pasados xa dous anos dende o cambio de goberno, as políticas sociais do PP non apostaron nin apostan en ningún momento por implementar este novo e exitoso modelo de participación, o exemplo máis evidente e a desidia total e absoluta ante a presentación dunha iniciativa por parte do PSdeG-PSOE que foi aprobada neste pleno en Decembro de 2015 para acadar a Cesión Gratuíta do Local da Unidade de Saúde Mental de A Ponte por parte da TXSS ao Concello de Ourense para uso e desfrute dos veciños como anexo ao Centro Cívico da Ponte, que non dispón de espazo suficiente, xa que é o centro que máis actividades alberga e máis afluencia cidadán ten de toda a cidade. Pois ben, dende aquela, o pasotismo foi absoluto por parte do Alcalde e a Concelleira de Benestar Social, e as últimas noticias que temos foron que, despois de un ano enteiro, en decembro de 2016, nin se molestaron no tema nin se preocuparon de non obter resposta por parte da TXSS, lles deu igual a posibilidade de perder este novo equipamento de xeito gratuíto que tamén había sido respaldado por eles no pleno.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que se adopten os seguintes ACORDOS:

 

  1. Instar ao Goberno Municipal a que á maior brevidade posible dende a Concellería de Urbanismo se faga un Estudio para determinar posibles ubicacións para a Construción de 3 Novos Centros Cívicos nos Barrios do Couto, Centro-As Lagoas e O Vinteún de Ourense.

  1. Instar ao Goberno Municipal a que unha vez realizado este estudio, poña en marcha todos os mecanismos oportunos para a selección das ubicacións máis idóneas, redacción de proxectos e compromiso de dotación orzamentaria para a execución dos mesmos, co fin de que se poidan p, que implementen a Rede Municipal de 6 Centros que existe na actualidade.

Emenda presentada polo grupo Municipal de Democracia Ourensana.

EMENDA DE MODIFICACIÓN:

Texto Inicial do Acordo

 

  1. Instar ao Goberno Municipal a que á maior brevidade posible dende a Concellería de Urbanismo se faga un Estudio para determinar posibles ubicacións para a Construción de 3 Novos Centros Cívicos nos Barrios do Couto, Centro-As Lagoas e O Vinteún de Ourense.

  1. Instar ao Goberno Municipal a que unha vez realizado este estudio, poña en marcha todos os mecanismos oportunos para a selección das ubicacións máis idóneas, redacción de proxectos e compromiso de dotación orzamentaria para a execución dos mesmos, co fin de que se poidan poñer en marcha 3 Novos Centros Cívicos nos Barrios do Couto, Centro-As Lagoas e O Vinteún, que implementen a Rede Municipal de 6 Centros que existe na actualidade.

Modificación dos seguintes puntos

 

  1. Instar ao Goberno Municipal a que á maior brevidade posible dende a Concellería de Urbanismo se faga un Estudio para determinar posibles ubicacións para a Construción de 5 Novos Centros Cívicos nos Barrios do Couto, Centro-As Lagoas,  O Vinteún, Ourense Este-A Milagrosa e A Carballeira.

  1. Instar ao Goberno Municipal a que unha vez realizado este estudio, poña en marcha todos os mecanismos oportunos para a selección das ubicacións máis idóneas, redacción de proxectos e compromiso de dotación orzamentaria para a execución dos mesmos, co fin de que se poidan poñer en marcha 5 novos Centros Cívicos nos Barrios do Couto, Centro-As Lagoas, O Vinteún, Ourense Este-A Milagrosa e A Carballeira que implementen a Rede Municipal de 6 Centros que existe na actualidade.

Emenda presentada polo grupo Municipal de Ourense en Común.

EMENDA DE SUBSTITUCIÓN:

TEXTO INICIAL:

 

  1. Instar ao Goberno Municipal a que á maior brevidade posible dende a Concellería de Urbanismo se faga un Estudio para determinar posibles ubicacións para a Construción de 3 Novos Centros Cívicos nos barrios do Couto, Centro-As Lagoas e  O Vinteún de Ourense.

SUBSTITUCIÓN:

 

  1. Instar ao Goberno Municipal a que á maior brevidade posible dende a Concellería de Urbanismo se faga un Estudio para determinar posibles ubicacións para 3 novos Centros Cívicos nos barrios do Couto, Centro-As Lagoas e  O Vinteún de Ourense.

TEXTO DEFINITIVO:

 

  1. Instar ao Goberno Municipal a que á maior brevidade posible dende a Concellería de Urbanismo se faga un Estudio para determinar posibles ubicacións para 3 novos Centros Cívicos nos barrios do Couto, Centro-As Lagoas e  O Vinteún de Ourense.

        

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar as emendas.

En consecuencia queda aprobada a moción coa redacción dada polas emendas.

 

4/01/2018: Remitido acordo plenario a dona Sofía Godoy Gómez-Franqueira. Recibido aviso de recepción o 9/01/2018.

Documentos: