Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Alertados polas denuncias de veciños e á vista da situación de diferentes edificios de Ourense, nas Xuntas de Área de Urbanismo de marzo, abril e maio de 2017, a concelleira socialista Carmen Rodríguez Dacosta requiriu informe sobre a relación de expedientes de disciplina urbanística en tramitación durante os anos 2016 e 2017 cos seus correspondentes informes técnicos municipais, pedindo tamén copia das ordes de execución emitidas sobre edificios afectados por “situacións de inseguridade”. O Concelleiro de Urbanismo pospuxo unha e outra vez a resposta para as seguintes Xunta de Área.

Vista a situación, o GMS solicitou por escrito ao Alcalde acceso e vista a unha relación de expedientes, ante a falta de información na Xunta de Área correspondente, tampouco recibiu resposta, tendo que recorrer a denunciar perante a Valedora do Pobo, acadando acceso a ditos expedientes o pasado mes de xullo.

Da análise dos expedientes concluímos que, dende que o Concelleiro de Urbanismo José Cudeiro asume as responsabilidades de Disciplina Urbanística no Concello de Ourense, esta xa non se exerce. Soamente se mantén a responsabilidade durante os primeiros meses de goberno no ano 2015. No 2016 e 2017 paralízase todo control, de xeito que podemos dicir que non existe control de ningún tipo, nin sequera en todas aquelas ordes de execución relacionadas coa seguridade.

A relación seguinte so é unha mostra da ausencia de control técnico da seguridade nos edificios en toda a cidade; a gravidade das consecuencias veranse paulatinamente na degradación da cidade e nos danos á seguridade pública que inevitablemente ocorrerán:

1º.- EXPEDIENTE DISCIPLINA URBANÍSTICA 2015005579

RÚA CISNEROS Nº 5

-       14 de marzo 2016.- Decreto 8 marzo 2016  Orde de execución de medidas urxentes PARALIZADO desde marzo 2016. A data de setembro de 2017 ningún informe técnico acredita que se tomaron as medidas de seguridade correspondentes.

2º.- EXPEDIENTE DISCIPLINA URBANÍSTICA 667/08

RÚA PROGRESO Nº 45

-       4 de novembro 2016.- Escrito da propiedade no que manifesta “la intención de los propietarios es comenzar en el plazo más breve posible las obras de derribo y de rehabilitación…para ello se ha solicitado presupuestos a diferentes empresas y se está únicamente pendiente de decidir la adjudicación…”

PARALIZADO desde novembro 2016. A data de setembro de 2017 ningún informe técnico acredita que se tomaron as medidas de seguridade correspondentes.

3º.- EXPEDIENTE DISCIPLINA URBANÍSTICA 2016007701 (Expte DU 7701/16)

RÚA DOUS DE MAIO Nº 28

-       23 de maio 2016.- Informe técnico “que a la mayor brevedad se tomen medidas urgentes de seguridad, como plazo máximo de terminación de las obras 3 días hábiles desde la notificación del requerimiento “

PARALIZADO desde maio 2016. A data de setembro de 2017 ningún informe técnico acredita que se tomaron as medidas de seguridade correspondentes.

4º.- EXPEDIENTE DISCIPLINA URBANÍSTICA 2016004159

RÚA ARCEDIAGOS Nº 13 (ESQUINA PLAZA STA EUFEMIA)

-       19 de febreiro 2016.- Informe Técnico “personados agentes de  Policía Local observan que han caído cascotes de argamasa sobre la vía pública…” “recuerda la presencia de Bomberos, estos procedieron mediante camión-escalera … retiraron los cascotes que pidieran caer quedando cortada la zona…manifestando éste que el edificio no ha realizado ITE.”, “…en dichos cerramientos el peto y sus pilastras …caso que de llegar a producirse supondría un evidente peligro para las personas y los bienes motivo por el que se entiende que a la mayor brevedad como medias urgentes de seguridad han de adoptarse por parte de los propietarios del edificio ….”

-       26 de febreiro 2016.- Decreto do Concelleiro de Urbanismo no que acorda “Ordear ós propietarios do edifico na R/Arcediagos 12 esquina á Praza de Sta Eufemia para que no prazo, nos termos e coas condicións indicadas no informe técnico municipal de data 19 de febreiro de 2016 procedan á execución das medidas urxentes de seguridade indicadas en dito informe…”

PARALIZADO desde febreiro 2016. A data de setembro de 2017 ningún informe técnico acredita que se tomaron as medidas de seguridade correspondentes.

5º.- EXPEDIENTE DISCIPLINA URBANÍSTICA 2011007599 DU 869/03

RÚA PIZARRO Nº 10

-       12 de decembro 2016.- Informe Técnico “No se han ejecutado las medidas urgentes de seguridad …no se ha ejecutado el apuntalamiento de las diferentes plantas del edificio…”

-       27 de outubro 2016.- Decreto multas coercitivas

-       16 de decembro 2016.- Escrito propiedade reiterando solicitud expropiación

PARALIZADO desde xuño de 2015. Sen executar a expropiación pese a estar inscrito no Rexistro de Solares.

6º.- EXPEDIENTE DISCIPLINA URBANÍSTICA 2016009551

RÚA VILLAR Nº 22

-       19 de abril 2016.- Decreto ordenando “…incoar expediente reposición de la legalidad…”

PARALIZADO desde abril de 2016. A data de setembro de 2017 ningún informe técnico acredita que se tomaron as medidas de seguridade correspondentes.

7º.- EXPEDIENTE DISCIPLINA URBANÍSTICA 2014016089

RÚA SAN PEDRO Nº 3

-       16 de setembro 2015.- Resposta do Alcalde á Valedora do Pobo “en el plazo de 3 meses proceda a ajustar la actividad que se ejerce en C/San Pedro 3 bajo la licencia de café-bar de la que dispone dicho local en todos sus extremos (horario de apertura y cierre, forma o modo concreto de su ejercicio, volumen sonoro…) significándosele que en caso de que no se produzca dicha adaptación se impedirá definitivamente el ejercicio de la actividad…”

-       7 de xuño 2016.-  Escrito do denunciante reiterando a denuncia.

-       30 de xuño 2016.- Informe Técnico no que se manifesta “al objeto de poder comprobar el estado actual del local y proponer en su caso las medias que puedan considerarse más oportunas es necesario poder acceder al interior del mismo, motivo por el que se propone requerir a sus propietarios para que en el plazo de 10 días faciliten el acceso a su interior a los técnicos municipales…”

PARALIZADO desde a resposta do Alcalde á Valedora do Pobo o 16 de setembro de 2015.

8º.- EXPEDIENTE DISCIPLINA URBANÍSTICA 2014003279

PRAZA DOS SUAVES Nº 1 - BAIXO

-       13 de abril 2016.- Informe Técnico “´no puede tener música en el local´ sino que su existencia no puede amenizar el desarrollo de la actividad….originando que la actividad desarrollada sea de ocio (pub, discoteca) en vez de hostelería (bar, restaurante)”

-       20 de abril 2016.- Informe Técnico “el titular de la actividad ha incumplido las indicaciones…“

PARALIZADO sen actuacións de ningún tipo.

9º.- EXPEDIENTE DISCIPLINA URBANÍSTICA 2016009720

PRAZA DAS FLORES Nº 2 (ACTUALMENTE PRAZA DOS SUAVES)

-       27 de abril 2016.-  Decreto no que se acorda “Ordear ós propietarios do edificio na Praza dos Suaves nº 2 para que no prazo, nos termos e coas condicións indicadas no informe técnico municipal de data 15 de abril de 2016 procedan á execución das medidas urxentes de seguridade indicadas en dito informe…”

PARALIZADO desde abril de 2016. A data de setembro de 2017 ningún informe técnico acredita que se tomaron as medidas de seguridade correspondentes.

10º.- EXPEDIENTE DISCIPLINA URBANÍSTICA 2015028944 - 2015028612

EDIFICACIÓN SITA EN SEIXALBO

-       28 de marzo 2016.- Informe Técnico “…se inscriba la propiedad en el correspondiente Registro de Terrenos y Solares sin Urbanizar “ “…de modo urgente se proceda a la realización de las siguientes medidas: … (se relacionan)… habida cuenta del riesgo que supone para los viandantes la caída del entablado y vallado mencionados  …se propone ejecución subsidiaria municipal…”

PARALIZADO desde abril de 2016. A data de setembro de 2017 ningún informe técnico acredita que se tomaron as medidas de seguridade correspondentes.

11º.- EXPEDIENTE DISCIPLINA URBANÍSTICA  Expdte ruína 6/2004

RÚA PELAYO Nº 6

-       17 de marzo 2016.- Decreto “Desestimar recurso reposición contra acuerdo XGL 27 mayo 2014 acordo sobre apuntalamento interior del todas las plantas del cuero posterior de la edificación, reparación de cubierta paredes y techo de planta 1ª del cuerpo interior de la edificación y en la presentación de proyecto de derribo para demolición, en el plazo de 1 mes…”

PARALIZADO desde abril de 2016. A data de setembro de 2017 ningún informe técnico acredita que se tomaron as medidas de seguridade correspondentes.

12º.- EXPEDIENTE DISCIPLINA URBANÍSTICA  1315/2004

RÚA VIRIATO Nº 3

-       PARALIZADO dende xuño de 2015 ata que nas Xuntas de Área de Urbanismo de marzo, abril e maio de 2017 pregunta a concelleira socialista polo expediente. O 9 de xuño de 2017 publícase notificación no BOP esixindo ao propietario as multas.

Despois de todo o relatado con anterioridade, é máis que evidente a grave situación de descontrol existente na Concellería de Urbanismo pola paralización do Departamento de Disciplina, ante o risco que esta situación supón para os cidadáns, o sorprendente é que seguimos sen ter ningunha explicación clara nin asunción da responsabilidade da situación por parte do Goberno do PP, salvo as declaracións de Cudeiro nas que afirmaba que “la tramitación de este tipo de expedientes no resulta sencilla para su departamento, escudándose en los problemas de personal a los que tiene que hacer frente, que complica la labor de seguimiento de estos asuntos” e engadindo que “los problemas de personal también se hacen notar en la labor de fiscalización de aquellos inmuebles que, según dicta la ordenanza vigente, deben someterse a la Inspección Técnica de Edificios (ITE).  É importante tamén sinalar a maiores que, segundo os datos publicados polo propio Concello, máis da metade das vivendas que o ano pasado debían someterse ás ITE non cumprimentaron dito trámite, o que xerou unha fonda preocupación en colectivos profesionais como o propio Colexio de Arquitectos, que declaraba daquelas que “es más importante de lo que pueda parecer porque está en juego la seguridad de las personas”, sen que o propio Goberno Municipal neste tempo tomara ningunha medida neste senso tampouco.

Finalmente, é convinte lembrar aos membros do actual Goberno Municipal que a paralización de expedientes en tramitación que teñen informes técnicos que advirten do perigo e esixen ordes de execución implican o incumprimento do Alcalde e daqueles que teñan delegadas as competencias ou atribucións nesta materia do deber de cautelar a seguridade dos inmobles e da vía pública, así como da dos propios veciños e veciñas de Ourense.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que se adopten os seguintes ACORDOS:

 

  1. Esixir ao Alcalde e/ou ao Concelleiro de Urbanismo a que soliciten e presenten antes do vindeiro Pleno do Mes de Novembro un informe do arquitecto municipal sobre o estado de tramitación das ordes de execución de medidas de seguridade obrigadas nos expedientes abertos no Concello de Ourense.

  1. Esixir ao Alcalde e ao Concelleiro de Urbanismo que se garanta o cumprimento das ordes de execución en marcha e o deber de cautelar a seguridade dos inmobles e a vía pública, ademais de adoptar todas as medidas oportunas para que así sexa e non teñamos que lamentar ningunha desgraza persoal polo desleixo e ineficacia no exercicio das súas funcións e responsabilidades.

        

O Pleno do Concello, por dezasete votos a favor do Grupo Municipal do Partido Socialista, Grupo Municipal de Democracia Ourensana e Grupo Municipal de Ourense en Común e dez votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

 

4/12/2017: Remitido acordo plenarion a don José Jesús Cudeiro Mazaira. Recibido aviso de recepción o 5/12/2017.

Documentos: