Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

En Febreiro de 2017, Democracia Ourensana levou a pleno unha moción premonitoria. Non se nos fixo caso e, en agosto de 2017, case sucede o peor: na Praza de San Marcial caeu unha árbore de gran peso que por sorte non causou danos persoais; se chega a caer 12 horas máis tarde, poderíamos estar falando de mortos, xa que estaba prevista a proxección dunha película. Días más tarde, como medida preventiva, o grupo de goberno procede á tala de varios árbores na Praza San Marcial e máis sitios da cidade, o que corrobora a neglixencia do Concello neste tema, xa que se era preciso cortalos, é responsabilidade do PP chegar a este punto, e se non era preciso, tamén e unha neglixencia do Concello por precipitarse e talar árbores centenarios, condenando a un sitio emblemático como a Praza de San Marcial a quedar sen tales árbores.

Debido ó caso omiso á moción anteriormente presentada, que deixa constatado o feito de que Democracia Ourensana foi o único partido que se anticipou a este caos, vémonos na obriga de volver a traer ó pleno a moción do pleno ordinario do mes febreiro, actualizada e enfocada tralos recentes episodios.

Os ourensanos coñecemos ben a necesidade de espazos verdes que aporten frescor ante os rigores dunha cidade que rexistra sistematicamente as máximas temperaturas de España no verán.

Segundo Gerard Passola, biólogo e experto en arboricultura moderna “nas cidades que teñen árbores hai menos estrés”, o que significa que a nosa vida cotiá é mellor nun marco ecolóxico saudable que á súa vez contribúe a facer unha cidade amable. Así, os temas medioambientais, de xardíns e paisaxísticos deberían ter unha importancia crecente nas responsabilidades municipais, dedicando maiores recursos a esta área tanto na limpeza urbana coma no mantemento de parques e xardíns.

Coma xa dixemos noutra moción referida ó patrimonio arbóreo, os valores dos arboredos urbanos son moitos xa que a súa presenza en cantidade e calidade suficientes e con unha distribución axeitada, apórtannos beneficios ambientais e ecolóxicos, económicos, psicolóxicos e sociais.

Non imos repetir as vantaxes que aportarían os xardíns verticais na nosa cidade, pero o que temos claro é que ante o cambio climático, os nosos veráns serán cada vez mais prolongados e extremos. O único xeito que temos, a nivel local, de protexernos, mitigar e combater os seus efectos é a través dos árbores.

Todo o exposto obriga a unha xestión racional e axeitada, tanto para a elección das especies coma para a súa situación na contorna da cidade e a pesar da boa imaxe que teñen os árbores e as plantas, non hai unha conciencia real do valor dos mesmos e a súa incidencia no funcionamento dunha cidade amable e confortable; soamente cando presenciamos lamentables acontecementos coma o ocorrido na praza de San Marcial e na de Alameda de Bispo Cesáreo que obrigaron a talar varios de exemplares ante o risco de caída debido ó mal estado dos mesmos, o aspecto desolado que presentan estas prazas, fainos reflexionar sobre a importancia das mesmas.

A orixe dos problemas radica na falta de planificación medioambiental, ademais da falta de vontade política para arranxar os problemas cando sexan detectados e que non queden nun mero “temos intención de...”

Segundo a nosa opinión, as zonas verdes deberían constituír un condicionante prioritario de calidade en toda planificación urbana non especulativa.

Todos os problemas respecto a saúde das árbores, non son novos, non veñen de agora, senón que son intrínsecos a unha especulación urbanística e desenrolo urbano, e non a unha verdadeira planificación urbana ecolóxica e sostible ó servizo dos cidadáns.

Xa dixemos na anterior moción, o lonxe que nos atopábamos en canto a ratio de espazo verde por habitante que recomendaba a OMS. Neste sentido hai que aclarar que é moi distinto falar de espazo verde urbano (Parque de San Lázaro, Parque Barbaña, Xardín do Posío, etc) que periurbano ( Montealegre e zonas adxacentes das ribeiras ourensanas ) aínda que algunhas persoas teñan problemas para diferencialo.

Tamén queremos aproveitar esta moción para propoñer, analizar e valorar iniciativas encamiñadas a conectar as áreas forestais periurbanas, coma Montealegre, coa cidade mediante teleféricos, tranvías, etc que poidan integrar este espazo e outros posibles, coa cidade como sería desexable.

Por todo isto, traemos ó pleno ás seguintes

PROPOSTAS

  1. Pedir ao alcalde a posta en marcha dun plan de choque que implique renovación arbórea (substitución de arbores vellas por outras), adquisición e plantado de exemplares para incrementar a densidade arbórea en zonas xa existentes da cidade (Parque das Mercedes, beirarrúas, etc), mantemento e conservación dos xa existentes tendo en conta os coidados necesarios.
  2. Pedir ao alcalde que dea instrucións para a realización dun estudio sobre a viabilidade da mellora nas conexións coas zonas forestais periurbanas a través de distintas opcións motorizadas (funicular, tranvía, tren-cremalleira, etc).

 

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar o primeiro punto da moción.

O Pleno do Concello, por oito votos a favor do Grupo Municipal de Democracia Ourensana e dez votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular, adoptou o seguinte ACORDO: Rexeitar o segundo punto da moción.

 

25/10/2017: Remitido acordo plenarion a don José Araújo Fernández. Recibido aviso de recepción o 26/10/2017.

Documentos: