Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O amianto é un mineral que pola súas calidades físicas e o seu baixo custo foi moi utilizado na construción durante os anos 60 ata os 80 dentro dunha gran variedade de produtos manufacturados como poden ser tuberías, materiais de construción ou compoñentes en pranchas, coñecidas como uralita. Tense constancia de que moitos dos edificios construídos entre os anos 1965-1985 conteñen este produto.

A OMS emitiu varios informes sobre o uso do amianto, e a raíz destes informes, é cando quedou  totalmente prohibido o seu uso nos países da Unión Europea dende o ano 2005. No caso de España prohibise producir, comercializar e instalar amianto e produtos que o conteñan dende o 15 de decembro de 2002. Aínda que non existe unha lei nacional nin internacional que obrigue a retirada destes materiais, dende as institucións europeas estableceuse o ano 2028, como a data límite na que todos os países deben poñer en marcha plans de acción nacional.

No noso país, non existe un Plan de acción nacional en relación coa xestión, control e eliminación definitiva do amianto do entorno laboral e social. Soamente unha Comunidade deu pasos neste senso, Andalucía, coa aprobación dun plan extraordinario para a eliminación progresiva deste material, nos centros escolares públicos que presenten nas súas infraestruturas este tipo de material, sendo sensible ante a preocupación da comunidade educativa nesta cuestión.

Neste proceso teñen especial importancia os Concellos, xa que poden controlar a recollida destes residuos así como onde se depositan e que non se mesturen co resto dos escombros. A importancia da erradicación do amianto en calquera edificación, xa sexa pública ou privada, está clara. Todos entendemos que é un problema que non se pode abordar de golpe, todas as administracións teñen un importante papel que xogar na detección e retirada do amianto que exista nas construcións da súa titularidade, pero o Concello é a institución máis próxima ao cidadán, e deber ter un papel activo neste asunto.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que se adopten os seguintes ACORDOS:

 

  1. Que o Concello de Ourense proceda á elaboración dun Inventario de edificios públicos ou de titularidade municipal que conteñan amianto ou sexan susceptibles de contelo, e instar as outras Administracións competentes a realizalo igualmente nos edificios da súa propiedade.

  1. Que o Concello de Ourense proceda á redacción dun Plan Especial para a eliminación progresiva do amianto nos edificios da súa titularidade, asignando unha partida orzamentaria nos vindeiros orzamentos a tal efecto.

 

  1. Que o Concello de Ourense poña en marcha os mecanismos oportunos para a creación dunha ordenanza propia sobre este tema ou que se completen as existentes, garantindo que cando se realicen obras, reparacións ou derribo de edificios, así como o posterior tratamento dos mesmos, sexa de aplicación o Real Decreto 396/2006, de 31 de marzo, de medidas preventivas para a protección dos traballadores e resto dos cidadáns, en relación coa exposición a estes produtos.

 

  1. Que o Concello de Ourense solicite os informes oportunos para contemplar a posibilidade de establecer bonificacións no ICIO ou axudas económicas para que os veciños de Ourense que se vexan obrigados a realizar tarefas de retirada de amianto nos seus edificios e propiedades poidan levalas a cabo. Ademais de canalizar a través da OMIC a realización de campañas informativas para a cidadanía en relación con este tema.

 

  1. Que o Concello de Ourense habilite un espazo de almacenamento de residuos que conteñan amianto o sexan susceptibles de contelo dentro do actual Punto Limpo.

 

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

 

25/09/2017: Remitido acordo plenarion a don José Araújo Fernández. Recibido aviso de recepción o 25/09/2017.

Documentos: