Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

No ano 2010 apróbase o Inventario Municipal (o anterior era de 1967), producíndose dito feito no pleno da Corporación municipal de Ourense do 29 de xullo. Inclúese o solo do Xardín Xaponés en dito Inventario, para o cal se reconstrúe o expediente 58/97 que inclúe un “Convenio Urbanístico” no que participa o Concello para regularizar a situación xurídica da zona (Expte. Planeamiento 477/96).

Revísase especialmente a concesión outorgada polo Concello para a cafetería situada no Xardín Xaponés, facéndose unha reconstrución o máis completa posible dos trámites e acordos adoptados ao respecto, permitindo coñecer que a concesión foi outorgada o 23 de agosto de 1968 por 50 anos, finalizando, polo tanto, o 23 de agosto de 2018. Do estudo do resto de documentación analizada despréndese que en data 29 de xullo de 1988 a Caixa de Aforros Provincial de Ourense transmitiu a concesión administrativa ao representante de Promociones de Alojamientos Orensanos SA mediante escritura pública.

En 2015 a unha serie de requirimentos presentados dende a Concellería de Comercio, referidos a expedientes sancionadores por colocación de veladores, responde Jardín Japonés SL  en vez de Promociones de Alojamientos Orensanos SA, coincidindo este feito coa declaración en concurso de acreedores polos tribunais da empresa concesionaria, é dicir, de Promociones de Alojamientos Orensanos SA.

Ante estes feitos os informes xurídicos sinalan que ao desaparecer a empresa concesionaria o Concello ten que proceder á rescisión do contrato da cafetería  “POR CESIÓN NO AUTORIZADA DE CONCESIÓN ADMINISTRATIVA Y DECLARACIÓN DE CONCURSO DE ACREEDORES DE LA CONCESIONARIA”.

O 13 de febreiro de 2017 iniciánse os trámites pola Concellería de Comercio  para a rescisión do contrato, producíndose poucos días despois a recusación da Concelleira delegada, Dona Belén Iglesias, polos representantes de Jardín Japonés SL.

O 3 de marzo de 2017 responde a dita recusación a Concelleira, retirándoselle as súas competencias en Comercio o 30 do mesmo mes e trasladando a Dona Flora Moure a delegación de dita área.

No mes de abril de 2017 elévase ao Consello Consultivo a proposta de resolución da explotación da terraza a Promociones de Alojamientos Orensanos SL.

No mes de maio a Xunta de Goberno Local suspende o procedemento por caducar o expediente, acordando abrir expediente informativo a xefa de Negociado do departamento de Comercio por suposta paralización de dito expediente de rescisión, que obrigou a acordar a caducidade do mesmo.

Por último, o pasado 6 de xullo a Xunta de Goberno Local anulaba a concesión da explotación, decisión contra a que cabe recurso potestativo de reposición, sen perxuízo de interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Recentemente tivemos na cidade de Ourense dous eventos que se celebraron no entorno da cafetería do Xardín Xaponés sen os preceptivos permisos, colocándose máis veladores dos permitidos pola normativa. As actividades organizadas consistiron en desfiles para os que non se pediu ningún tipo de solicitude de autorización, sendo denunciados ditos feitos na Xunta de Área de Comercio. A impunidade coa que se producen estes feitos sorprende máis se cabe ante a incerta situación xurídica na que se atopa esta empresa, coñecida pola opinión pública e os responsables políticos do Concello.

Ante as continuas sospeitas de demora do expediente co obxectivo de finalizar a concesión e a desconfianza de moitos hostaleiros do noso Concello consistentes en que a cafetería situada no Xardín Xaponés conta cun trato de favor con respecto a outras empresas do sector debido á natureza dos titulares da explotación,  dende o Grupo Municipal Socialista propoñemos o seguinte

ACORDOS

 

  1. Que se establezan cantas cautelas sexan necesarias para garantir a máxima transparencia na tramitación do expediente de anulación da concesión, asegurando que non existan dilacións na  súa resolución, así como que se extremen as medidas para o cumprimento efectivo das diferentes normas e ordenanzas municipais ante os reiterados incumprimentos e denuncias formuladas contra a empresa concesionaria e a empresa xestora.

 

  1. Que se reabra a COMISIÓN INFORMATIVA DA CONCESIÓN ADMINISTRATIVA “Da Cafetería anexa ao Hotel San Martín” co obxecto de informar aos Grupos Municipais do Pleno, da situación dos diferentes expedientes abertos en relación coa concesión referida. 

 

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

 

11/09/2017: Remitido acordo plenario a dona Flora Moure Iglesias. Recibido aviso de recepción o 12/09/2017.

Documentos: