Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A ONG Transparencia Internacional deu a coñecer a principios do mes de Xullo o estudo sobre o Índice de Transparencia dos Concellos (ITA), elaborado a partires da análise de 80 indicadores relacionados con diversas áreas.

Para a elaboración do ITA 2017, Transparencia Internacional distribuíu en seis áreas os traballos: transparencia activa e información sobre a corporación municipal; páxina web, relacións cos cidadáns e a sociedade e participación cidadá; transparencia económico-financeira; transparencia nas contratacións, convenios, subvencións e custos dos servizos; transparencia en materia de urbanismo, obras públicas e medio-ambiente; e dereito de acceso á información.

O ITA de 2017 estableceuse a partir do estudo de 110 concellos, entre eles, as principais cidades de Galicia, é dicir, Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Ourense.

No informe recentemente publicado, Vigo foi o concello mellor valorado cun índice de 98,8 puntos, seguido de Santiago con 91,9 puntos. Ourense destacou negativamente pasando a ser o último dos concellos da nosa comunidade con 71,9 puntos.

Convértese así en especialmente preocupante a situación do noso Concello, posto que cabe lembrar que á finalización do mandato do anterior Goberno Socialista, Ourense obtiña unha puntuación de 90 puntos de 100 en materia de Transparencia, sendo a máxima puntuación lograda pola institución municipal ourensá dende 2008. No 2015 Ourense atopábase entre os concellos galegos con mellores índices en materia de transparencia, perdendo polo tanto 44 postos en 2 anos, como así indica o informe, e podemos ver no seguinte cadro:

2014
54 SALAMANCA 91.3
56 ALCALÁ DE GUDAÍRA 90.0
56 COSLADA 90.0
56 HUESCA 90.0
56 OURENSE 90.0

2017
100 OURENSE 71.9
102 EL EJIDO 70.6
103 SAN FERNANDO 61.3
104 JAÉN 58.1
104 TOLEDO 58.1

Polo tanto, o Goberno do Partido Popular suspende en transparencia dende a súa chegada en 2015, ocupando o posto 100 dun total de 110 concellos de todo o Estado.

Transparencia Internacional sinala no seu informe que despois de seis edicións do ITA, coas disposicións legais vixentes que esixen transparencia e coa evidente demanda cidadá de transparencia nas institucións públicas, non deixa de ser preocupante que non se acade a valoración de noventa sobre cen, que é o mínimo que deberían acadar as institucións, especialmente pola colaboración permanente que TI-España lles presta durante os catro meses que durou o proceso de estudo para impulsar o aumento da información pública.

O noso Concello ten a triste honra de pertencer a este grupo, pasando de estar entre as entidades locais coa nota de sobresaínte no 2015 a atoparse nas que padecen un importante nivel de deficiencias, sendo máis sorprendente cando a ONG que realiza o estudo sinala que nesta edición da ITA as puntuacións medias acadadas polo conxunto dos concellos estudados foron máis altas que na edición anterior (2014), que á súa vez fora superior á dos anos precedentes. Así, a puntuación media xeneral dos 110 concellos en 2017 acadou 89´7 puntos (sobre 100), fronte os 85´2 en 2014. Ademais, en cada unha das seis Áreas de transparencia analizadas, as puntuacións medias do conxunto dos concellos foron igualmente superiores ás da pasada edición. Como vemos a continuación, Ourense está por debaixo da media do estado nos 6 bloques estudados.

PUNTUACIÓNS MEDIAS 2017 NAS DISTINTAS ÁREAS DE TRANSPARENCIA
ÁREAS DE TRANSPARENCIA PUNTUACIÓN MEDIA ENTRE 1-100
TRANSPARENCIA GLOBAL 89.7
A) TRANSPARENCIA ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL 92.7
B) PÁXINA WEB, RELACIÓNS COS CIDADÁNS E A SOCIEDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ 90.7
C) TRANSPARENCIA ECONÓMICO-FINANCEIRA 93.1
D) TRANSPARENCIA NAS CONTRATACIÓNS, CONVENIOS, SUBVENCIÓNS E COSTES DOS SERVIZOS 85.8
E) TRANSPARENCIA EN MATERIA DE URBANISMO, OBRAS PÚBLICAS E MEDIOAMBIENTE 86.0
F) DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN 86.8

CONCELLO DE OURENSE, PUNTUACIÓNS OBTIDAS NA ITA 2017
ÁREAS DE TRANSPARENCIA PUNTUACIÓN MEDIA ENTRE 1-100
TRANSPARENCIA GLOBAL 71.9
A) TRANSPARENCIA ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL 81.0
B) PÁXINA WEB, RELACIÓNS COS CIDADÁNS E A SOCIEDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ 90.0
C) TRANSPARENCIA ECONÓMICO-FINANCEIRA 90.9
D) TRANSPARENCIA NAS CONTRATACIÓNS, CONVENIOS, SUBVENCIÓNS E COSTES DOS SERVIZOS 58.3
E) TRANSPARENCIA EN MATERIA DE URBANISMO, OBRAS PÚBLICAS E MEDIOAMBIENTE 41.7
F) DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN 55.6

Especialmente preocupantes son as notas acadadas nas materias D, E, F referidas a contratacións, convenios, subvencións; urbanismo, obras públicas e medioambiente; e dereito á información con notas moi deficientes QUE NOS SITÚAN NESTAS MATERIAS NA COLA DE TODO O ESTADO.

Ante a desidia, a falta de autocrítica e a nula adopción de medidas que mostra o Goberno Municipal na materia de transparencia tralo informe presentando pola ONG de referencia, propoñemos ao pleno do Concello que se adopte o seguinte

ACORDO

• Que o Goberno Municipal analice de forma urxente as causas do forte retroceso de Ourense en materia de transparencia durante os dous anos do actual goberno do Partido Popular e presente para a súa aprobación ao pleno do Concello antes de rematar o ano 2017 un plan con medidas concretas que permita acadar, cando menos, os niveis positivos cos que contaba o Concello no Informe de Transparencia Internacional do ano 2014.

 

O Pleno do Concello, por dezanove votos a favor do grupos municipais Socialista, do Partido Popular e de Ourense en Común e oito abstencións do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

 

11/09/2017: Remitido acordo plenario a don Jorge Pumar Tesouro. Recibido aviso de recepción o

Documentos: