Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

No ano 2003 inaugurabase o Centro de Interpretación e Rexeneración Medioambiental de As Madornas, ubicado en Abeleda (Castro de Beiro), no termo municipal de Ourense.

Pasados 5 anos da súa inauguración, no ano 2008, o anterior executivo socialista denunciaba que se trataba dunha herdanza difícil de xestionar, xa que o anterior goberno do PP non había elaborado ningún plan de mantemento para este espazo nin para a súa xestión. Así mesmo, tamén denunciaba naquel momento algún colectivo ecoloxista o abandono do espazo, a proliferación de maleza e o perigo pola falta de coidado dos ecosistemas existentes no lugar. Por este motivo, se iniciaron conversas entre o Concello e a Deputación para acadar algún tipo de solución para a xestión e recuperación das Madornas, sen que finalmente puideran fructificar.

Pasados xa case 15 anos dende a súa inauguración, a situación de abandono do Centro de Interpretación atenuouse máis se cabe, pola falta de colaboración e implicación política e a complexidade na toma de decisións ante como debe de ser a xestión e mantemento de este espazo natural ourensano.

Os socialistas no seu día e actualmente defendemos a necesidade dun estudio para determinar o mellor modelo de xestión para o espazo, e entendemos que é necesaria a colaboración de Concello de Deputación Provincial na promoción e posta en valor deste pulmón verde próximo á cidade. Tamén entendemos que as obras de recuperación e acondicionamento do lugar deberían ser asumidos polo Concello de Ourense ou, de ser o caso, da entidade ou administración á que fora cedida ou adxudicada a súa futura xestión.

Para nós, o Centro de Interpretación e Rexeneración Medioambiental de As Madornas, debe converterse dunha vez por todas nun referente como centro de educación ambiental da provincia de Ourense e tamén nun referente turístico coa colaboración de todos.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que se adopten o seguinten ACORDOS:

 

  1. Instar ao Goberno Municipal a que proceda á elaboración dun Estudio Urxente para determinar o mellor modelo de xestión para o Centro de Interpretación e Rexeneración Medioambiental de As Madornas (Castro de Beiro)
  2. Instar ao Goberno Municipal a que unha vez elaborado dito estudio e as súas conclusións, se comprometa a executar as accións oportunas para o desenvolvemento do mesmo, se asigne unha partida orzamentaria para a posta en marcha da xestión, recuperación e futuro mantemento do Centro de Interpretación e Rexeneración Medioambiental de As Madornas (Castro de Beiro) nos próximos orzamentos municipais; e de ser preciso se busque a colaboración doutras institucións como a Deputación Provincial de Ourense ou a Xunta de Galicia.

 

O Pleno do Concello, por oito votos a favor do Grupo Municipal de Democracia Ourensana e dezaoito votos en contra dos grupos municipais do Partido Popular, de Ourense en Común e Socialista, adoptou o seguinte ACORDO: Rexeitar a retirada.

O Pleno do Concello, por dezaoito votos a favor dos grupos municipais do Partido Popular, de Ourense en Común e Socialista e oito votos en contra do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

 31-07-2017: Remitido acordo plenario a don José Araújo Fernández. Recibido aviso de recepción o 01/08/2017.

Documentos: