Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

No mes de xullo do 2015, recén chegados ao Goberno Municipal o Alcalde Jesús Vázquez e o seu concelleiro de Medio Ambiente José Araújo, anunciaban a “bombo e platillo” o “inicio dun plan de choque para devolver a vida ás zonas verdes da cidade”, que se quedou reducido a fume e a meras fotos de numerosos operarios agrupados en determinadas zonas, para vender unha falsa imaxe de traballo e mellora de cara á galería, única e exclusivamente.

Pasados xa dous anos, a actuación do Goberno do PP de desidia absoluta e falta de coidado e atención a dúas das preocupacións fundamentais dos cidadáns de Ourense:

-       o estado dos nosos parques e zonas verdes, tanto no centro como na periferia,

-       e o correcto desenvolvemento das tarefas diarias de limpeza viaria e recollida e tratamento do lixo; provocou que actualmente, un día sí e outro tamén, siga a crecer o malestar veciñal polo estado lamentable de ámbolos dous servizos básicos.

A excusa do Goberno do PP para xustificar esta situación foi ata o de agora a falta de presuposto, pero sen prantexar ningunha alternativa ao respecto, nin sequera esixir publicamente ás empresas adxudicatarias as responsabilidades oportunas ante a caótica situación existente, nin asumir as responsabilidades derivadas directamente pola súa mala xestión dende o propio Concello.

Chegados ao verán de 2017, e ante a situación crítica da nosa cidade á vista de todos e todas, cremos necesario e imprescindible que, xa que está claro que o PP non quere facer nada ao respecto e quere enmascarar o abandono e o estado de suciedade xeral de todas as zonas de esparcemento e convivencia da nosa cidade, debe ser a oposición quen obrigue á toma de decisións ao respecto, que non necesariamente implican un gasto económico, senón unha reorganización e optimización dos recursos existentes dentro do propio Concello e unha esixencia no cumprimento e correcto desenvolvemento dos pregos de contrato por parte das empresas concesionarias responsables do coidado e mantemento dalgunhas das zonas verdes da nosa cidade e tamén das de limpeza viaria e recollida de RSU.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que se adopte o seguinte ACORDO:

  1.  Instar ao Goberno Municipal á posta en marcha dun Plan Urxente de Limpeza Viaria, Adecentamento e Posta en Valor dos Parques e Xardíns da nosa cidade, coordinado entre a Concellería de Medio Ambiente e Limpeza, os funcionarios municipais do servizo e as empresas concesionarias que desempeñan actualmente a súa laboura en ambos servizos.
  2. Instar ao Goberno Municipal á creación dunha Mesa de Seguimento e Control do Estado da Limpeza, Coidado e Mantemento das Zonas Verdes e Espazos Públicos da nosa cidade, que estea constituída por membros dos Goberno Municipal e todos os grupos políticos, representantes veciñais, colectivos medioambientais, etc.

 

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

 31-07-2017: Remitido acordo plenario a don José Araújo Fernández. Recibido aviso de recepción o 01/08/2017.

Documentos: