Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Exposición de motivos

 

A importancia do comedor escolar non ven dada só polo número de usuarios diarios (máis de mil) que o empregan na nosa cidade, senón tamén porque se trata dunha realidade que debe ser tratada dun xeito multidimensional: como un espazo de convivencia e de socialización alimentaria, de aprendizaxe de gustos, hábitos e valores, de coñecementos..., ademáis dunha actividade xeneradora de emprego.

No noso entorno social e cultural, a comida do mediodía é a ración principal do día. Os aportes realizados no comedor escolar son, polo tanto, especialmente importantes dende os puntos de vista cualitativo, cuantitativo e formativo. Para que este servizo de alimentación e educativo poda levarse a cabo é necesario todo un proceso de planificación e xestión, que abarca tanto o suministro e procesado de alimentos, como un proceso educativo onde se formen hábitos alimentarios e sociais.

No concello de Ourense, a xestión deste servizo, na maioría dos casos, realízase a través da empresas de cátering, que elaboran e distribúen os menús con procesos máis ou menos industrializados, que inclúen o transporte e a refrixeración dos alimentos.

A Xunta de Galicia no seu Decreto 132/2013 de 1 de agosto, polo que se regulan os comedores dos centros públicos non universitarios, establece 5 posibles modelos de xestión destes comedores:

- Xestión directa da Consellería de Educación

- Xestión indirecta da consellería mediante a contratación de empresas de restauración

- Xestión indirecta da consellería a través de concesión

- Xestión por administracións públicas distintas da Xunta de

- Xestión por entidades privadas sen ánimo de lucro.

Paréceme importante destacar que neste Decreto a única referencia que se fai á calidade e adecuación dos menús é a seguinte: “a elaboración dos menús farase de xeito que proporcione ao alumnado unha dieta equilibrada adaptada ás necesidades de cada idade”.

En pouco tempo pasamos a ter cociñas en prácticamente todos os centros un modelo onde se cociña a quilómetros de distancia, se envasa en plástico e se requenta antes de servir. A industrialización dos procesos, o uso de conservantes e produtos pouco perecedoiros, a necesidade de conxelar e almacenar, eliminan os valores engadidos que unha alimentación doutro tipo aportaría aos/ás nosos/as menores.

Nos servizo de cátering, os menús son elaborados nunha cociña central e despois transportados e distribuídos aos comedores escolares, aplicando un segundo tratamento térmico aos alimentos. Este tratamento pode ser a distribución en quente (envasan os alimentos en contedores isotermos) ou a distribución en frío ou liña fría (sométese a un enfriamento rápido e envásase, sendo necesario un quentamento posterior).

Estes sistemas empregados polas empresas industrializan a alimentación dos nosos menores, supoñen unha disminución na calidade dos alimentos e xeran un enorme impacto ecolóxico debido ao transporte, os residuos de envasado e o gasto enerxético derivado dos sucesivos tratamentos térmicos.

Volver á cociña tradicional nas escolas non suporía un gasto importante en infraestruturas, xa que a maioría dos colexios contan con cociñas que na actualidade só se usan para requentar. É previsible tamén que a elección de provedores locais supoña un abaratamento nos custes, que podería repercutir directamente nun abaratamento do prezo por menú. Por suposto, a elo hai que sumar os beneficios para o medio ambiente, e o que penso que é o fundamental, unha alimentación saudable para os nenos e nenas de Ourense.

Por todo o exposto, presentamos ao pleno as seguintes:

 

PROPOSTAS

  1. Pedir o Alcalde que o Concello colabore para que as ANPAS podan xestionar os comedores dos seus centros, e teñan a opción real da elaboración dos menús nas cociñas dos propios colexios ou noutras próximas, con alimentos frescos, locales e de tempada e de que estes menús sexan elaborados por personal especializado.

Emenda presentada polo Grupo Municipal de Ourense en Común

EMENDA DE SUBSTITUCIÓN:

TEXTO INICIAL:

  1. Pedir o Alcalde que o Concello colabore para que as ANPAS podan xestionar os comedores dos seus centros, e teñan a opción real da elaboración dos menús nas cociñas dos propios colexios ou noutras próximas, con alimentos frescos, locales e de tempada e de que estes menús sexan elaborados por personal especializado.

SUBSTITUCIÓN:

  1. O Pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para que permita que as ANPAS podan xestionar os comedores dos seus centros, con posibilidade de deseño e elaboración dos menús nas cociñas dos propios colexios ou noutras próximas, con alimentos frescos, locais e de tempada. Estes menús deberán ser elaborados por personal especializado e asesorados por persoal técnico da concellería de Educación.

Naqueles casos nos que a ANPA non poda ou non queira facerse cargo desta xestión será o Concello de Ourense o responsable directo da mesma.

TEXTO DEFINITIVO:

  1. O Pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para que permita que as ANPAS podan xestionar os comedores dos seus centros, con posibilidade de deseño e elaboración dos menús nas cociñas dos propios colexios ou noutras próximas, con alimentos frescos, locais e de tempada. Estes menús deberán ser elaborados por personal especializado e asesorados por persoal técnico da concellería de Educación.

Naqueles casos nos que a ANPA non poda ou non queira facerse cargo desta xestión será o Concello de Ourense o responsable directo da mesma.

 

O Pleno do Concello por tres votos a favor do Grupo Municipal de Ourense en Común, dezasete votos en contra dos grupos municipais do Partido Popular e de Democracia Ourensana, e seis abstencións do Grupo Municipal Socialista, adoptou o seguinte ACORDO: Rexeitar a emenda presentada por Ourense en Común.

O Pleno do Concello procede á votación da moción e prodúcese o seguinte resultado: dez votos a favor dos grupos municipais de Democracia Ourensana e de Ourense en Común, dez votos en contra do grupo municipal do Partido Popular, e seis abstencións do Grupo Municipal Socialista.

Ao producirse empate, de conformidade co disposto no artigo 80 do Regulamento orgánico, repítese a votación co mesmo resultado, decidindo a Alcaldía co voto de calidade rexeitando a moción.

30/06/2017: Acordo plenario remitido a Dona Belén Iglesias Cortés. Recibido acuse de recepción o 30/06/2015.

 

Documentos: