Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

 

Exposición de motivos

Dentro dos castros que podemos atopar no Concello de Ourense, o denominado Castro de Oira é un dos vestixios prerromanos que teñen presencia na contorna da nosa cidade, a capitalidade do municipio.

Este xacemento, xunto co de Santomé, Madrosende, Valdegola (Eiroás), Castro de Beiro... etc., configuran o escenario castrexo previo á romanización da nosa comarca e á ocupación estable do territorio que hoxe ocupa a urbe. O xacemento de Oira está incluído dentro do catálogo de patrimonio cultural (GA32054012) e sitúase moi preto do centro urbano e de unha área de esparcemento de referencia para unha gran parte da poboación. Máis alá das súas características físicas, que o sitúan entre un xacemento tipo castro, e a tradición historiográfica que o inclúe entre os denominados “mineiros”, temos un nivel de descoñecemento profundo e grave. Este descoñecemento da investigación redunda na súa falla de aproveitamento científico, didáctico, recreativo ou turístico.

O Castro de Oira, ademais, é un espazo que estivo ameazado pola especulación urbanística anos atrás e que agora podería estalo de novo ante a construción da liña de alta velocidade, que se algún día acaba por chegar, faríao polas súas inmediacións.

Ante todo isto, e ante a ordenación de todo o espazo colídante e proximidades, Democracia Ourensana pide unha investigación arqueolóxica, que levaría consigo a realización das catas necesarias nos puntos que o Servizo de Arqueoloxía do Concello de Ourense defina como os de maior potencial para recoñecer a entidade, cronoloxía cultura... do asentamento, e o seu posterior estudo. Proxecto de investigación que englobaría tanto as posibles estruturas exhumadas como os materiais arqueolóxicos que se recuperasen. Por iso pediríase na convocatoria a obrigatoriedade da presentación dunha memoria interpretativa no canto dunha técnica.

En Democracia Ourensana somos moi conscientes de que dentro do noso Concello existe moito por facer no terreo da investigación arqueolóxica. Exemplos como todo -e tamén apremiante traballo- o que resta por facer nas Burgas (completar a excavación da piscina, para o que xa se expropiou no seu momento a casa), no Castelo Ramiro (restos do recinto defensivo do castelo medieval ou a torre que debeu de ser destruída coa instalación do depósito do auga) que sería un lugar ideal para a creación dun mirador e un parque, ou tamén a investigación das sepulturas altomedievales de Vilar dás Tres, tamén con restos romanos e cunha excelente panorámica da cidade. Pero iso non é excluínte para centrarnos, hoxe e agora no Castro de Oira en concreto e no remate do de Santomé.

Trataríase dunha intervención de apenas uns meses, entre traballo de campo e posterior estudo de gabinete, que nos podería aportar información para comprender o xacemento e unha idea do seu potencial e poder actuar en consecuencia. Todos estes datos son necesarios e dispoñer de esta información fai o noso xuízo, inaprazable abordar este traballo.

Este Concello dispón tanto de profesionais da arqueoloxía perfectamente cualificados, como de recursos para que o Castro de Oira non continúe diste xeito por mais tempo, sendo un gran descoñecido.

Na mesma liña de traballo, o noso grupo pedirá que o Concello aborde sen máis demoras a adquisición das propiedades privadas que situadas no medio do Conxunto arqueolóxico - natural de Santomé imposibilitan unha actuación integral no conxunto.

 

Por todo isto, presentamos ao pleno as seguintes

 

PROPOSTAS

  1. Pedir ao Alcalde unha investigación arqueolóxica, que conlevaria a realización das catas necesarias, e o posterior estudo do Castro de Oira.
  1. Pedir ao Alcalde que sen máis demoras se realice a adquisición das propiedades privadas Conxunto arqueolóxico - natural de Santomé para realizar a completa actuación no conxunto.

 

Emenda presentada polo Grupo Municipal de Ourense en Común

EMENDA DE SUBSTITUCIÓN

TEXTO INICIAL:

  1. Pedir ao Alcalde unha investigación arqueolóxica, que conlevaria a realización das catas necesarias, e o posterior estudo do Castro de Oira.
  1. Pedir ao Alcalde que sen máis demoras se realice a adquisición das propiedades privadas Conxunto arqueolóxico - natural de Santomé para realizar a completa actuación no conxunto.

SUBSTITUCIÓN:

  1. O Pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para que asine un contrato coa Universidade de Vigo para a redacción e execución dun proxecto de investigación, recuperación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico local.

TEXTO DEFINITIVO:

  1. O Pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para que asine un contrato coa Universidade de Vigo para a redacción e execución dun proxecto de investigación, recuperación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico local.
  1. Pedir ao Alcalde que sen máis demoras se realice a adquisición das propiedades privadas Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé para realizar a completa actuación no conxunto.

 

O Pleno do Concello, por nove votos a favor do Grupo municipal Socialista e de Ourense en Común, e dezasete votos en contra dos grupos municipais do Partido Popular e Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: Rexeitar a emenda.

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción. 

30-05-2017: Acordo plenario remitido a dona Belén Iglesias Cortés. Recibido aviso de recepción o 30/06/2017.

 

 Documentos: