Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Segundo os estudos demográficos levados a cabo os barrios do Couto e Vistahermosa son os barrios máis xóvenes da cidade de Ourense, de feito concretamente o barrio do Couto nas últimas dúas décadas tivo un crecemento e expansión moi importante, polo que debe terse en conta a futuro o mantemento e construción de novas infraestruturas e dotacións para os residentes na zona, xa que as existentes comezan a ser nalgún caso insuficientes.

A oferta de prazas públicas en escolas infantís da cidade de Ourense é totalmente escasa ano tras ano, quedando moitos nenos excluídos e tendo que recorrer as familias a garderías privadas. As escolas infantís públicas para nenos de 0-3 anos existentes ubícanse no Couto (Antela), no Centro (Colón), no Vinteún (Covadonga), na Farixa e en Barrocás e dispoñen dun total aproximadamente de 340 prazas.

Dado que o barrio de O Couto é o que máis expansión ten nos últimos tempos na nosa cidade e considerando que xa conta cunha escola infantil pero está a resultar insuficiente para o elevado censo de nenos da zona, e tamén considerando que o CEIP Manuel Luis Acuña sito na Carballeira podería albergar o espazo necesario para a construción doutra escola infantil e tamén revitalizaría así a súa actividade; prantexamos esta opción como viable e urxente para ser formulada ante a Xunta de Galicia, administración competente para a construción e desenvolvemento deste tipo de dotacións. Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que se adopte o seguinte ACORDO:

1. Instar á Xunta de Galicia á construción dunha Escola Infantil no Barrio da Carballeira, ubicada no actual CEIP Manuel Luis Acuña.

 

O Pleno do Concello, por dezaseis votos a favor dos grupos municipais de Democracia Ourensana, Grupo Municipal Socialista e Ourense en Común, e dez votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

30-05-2017: Acordo plenario remitido a dona Belén Iglesias Cortés. Recibido aviso de recepción o 30/06/2017.