Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

9.9 Moción do Grupo Municipal Socialista para a adopción de medidas para a eliminación do gas Radón-222 nos edificios municipais.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O radón-222 é un gas radioactivo natural procedente da cadea de desintegración do uranio-238 e, xa que logo, ubicuo na natureza. Mentres que o radon non adoita presentar niveis altos ó aire libre, nas vivendas tende a acumularse e pode dar lugar a concentracións moi elevadas, especialmente en zonas e chans moi permeables ou con un alto contido de radio 226. Determinadas actividades laborais (como a minería subterránea ou a explotación das augas termais) poden, ademais, conlevar un risco significativo de exposición a este gas. A exposición prolongada implica un grave risco para a saúde, diversos organismos internacionais e bo número de países emitiron recomendacións ou normativas de carácter obrigatorio co fin de controlar as exposicións ao radon tanto nas vivendas como nos lugares de traballo.

Co obxectivo de avaliar especificamente o risco de cancro asociado á exposición ao radon nas vivendas, diversos estudos epidemiolóxicos puxeron de manifesto que o risco asociado ás exposicións domésticas é máis elevado; por outra banda, hai indicios, aínda non suficientemente contrastados, doutros posibles efectos do radon (aumento do risco cardiovascular, alteración do sistema inmune, etc.), atopándose incluso asociación entre a concentración de radón e a leucemia infantil.

A partir destes recentes descubrimentos sobre os efectos sobre a saúde deste axente canceríxeno, a OMS lanzou un proxecto internacional que culminou coa publicación dun documento (WHO Handbook on indoor radon, 2009), no que se recomenda fixar os niveis de referencia nacionais de 100 Bq m3, ou en caso que non se considere factible polas particularidades do país, de 300 Bq m3. Doutra banda o artigo 62 do título VII do Real Decreto 783/2001 de 6 xullo, trata a exposición dos traballadores ás fontes naturais de radiación, destacando especificamente as exposición ao radón-222 e os seus produtos de desintegración. “Os titulares das actividades laborais, non reguladas no artigo, 2.1 nas que existan fontes naturais de radiación, deberán declarar estas actividades ante os órganos competentes en materia de industria das comunidades autónomas en cuxo territorio realizar os estudos necesarios a fin de determinar si existe un incremento significativo das exposicións dos traballadores ou dos membros do público que non poida considerarse desprezable desde o punto de vista da protección radiolóxica”.

As actividades que deben levar a cabo, de xeito obrigatoria, estudos radiolóxicos sobre as exposicións ao radon ás que dan lugar son en concreto:

  • Lugares de traballo soterrados (incluídos aparcamentos públicos, metro, minas, explotacións, minas - museo, e covas turísticas, etc.).
  • Lugares onde se exploten ou traten augas subterráneas (plantas potabilizadoras de augas desta orixe ou os establecementos termais).
  • Todos os lugares de traballo situados nestas zonas indicadas, ou aquelas que a priori polas súas características xeolóxicas poden xerar cantidades elevadas de radon ou favorecer o seu transporte, o interior de lugares pechados: zonas graníticas, volcánicas ou fallas activas.

Na protección de vivendas contra o radon, recoméndase un nivel de referencia nacional de 300 Bq m3 de concentración media anual de radon, un nivel obxectivo de deseño para edificios de nova planta ou para vivendas nas que vaian a acometerse accións de mitigación de 100 Bq m3. Os edificios de uso público de longa estancia como hospitais, residencias, etc. aplícaselles o mesmo nivel de referencia que ás vivendas, do mesmo xeito que aos centros de educación infantil, primaria e secundaria, con finalidade de protexer especialmente aos nenos.

Sabendo que é o subsolo granítico onde máis radon se xera porque as súas rocas son rocas ricas en uranio, o elemento orixe deste gas, conclúese que as zonas de maior risco en España son Galicia, coas provincias de Ourense e Pontevedra á cabeza, un área importante de Castela  e León, Estremadura, Comunidade de Madrid, e certas zonas de Castela-A Mancha, segundo o Consello de Seguridade Nuclear. O que fai este elemento é emitir partículas Alfa, moi enerxéticas, que impactan de forma continua contra o epitelio pulmonar e multiplican o risco de sufrir cancro, ata en maior medida que o fume ambiental do tabaco.

A Unión Europea aprobou no ano 2013 unha directiva (2013/ 59/ Euratom), que entrará en vigor no ano 2018 e que obriga aos gobernos a realizar medicións en lugares de traballo situados  en áreas de risco  e mitigar a concentración de radon e nos que se rexistre un mínimo de 300 becquerelios por metro cúbico, que é a unidade de medida utilizada con este gas e que equivale á desintegración atómica que se produce nun segundo. Os países membros deberán introducir requisitos nos códigos de edificación que eviten entrada deste gas  nos inmobles de nova construción e fomentar a súa redución en casas xa existentes.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, presenta para a súa aprobación que se adopten os seguintes ACORDOS:

  1. Instar ao Goberno Municipal a realizar medicións do nivel de Gas Radon-222 en todos os centros dependentes do Concello de Ourense.
  2. Instar ao Goberno Municipal a que dende o Departamento de Prevención de Riscos Laborais, en base ao informe anterior, se elaboren informes periódicos sobre o nivel de exposición ao Gas Radon-22 dos empregados municipais e se adopten as medidas oportunas para reducir a mesma nos seus lugares de traballo.

3. Instar ao Goberno Municipal a que dende a Concellería de Urbanismo se supervise, controle e actúe para que nas licencias para novas edificacións se rexistre un mínimo de 300 Bq m3 de Gas Radon-222, e cumprir así coa directiva europea do ano 2013.

           

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

3/05/2017: Acordo plenario remitido a don Jorge Pumar Tesouro.

 

Documentos: