Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A proposta da Femp presentamos a seguinte moción relativa á adhesión do concello de Ourense á rede internacional de Alcaldes pola Paz.

Alcaldes pola Paz é unha rede de cidades que nace no ano 1982, promovida por Hiroshima e Nagasaki, co obxectivo de promover unha demanda internacional para un mundo en paz e libre de armas nucleares. Esta plataforma foi crecendo co paso dos anos e actualmente, máis de 7.000 municipios de 161 países de todo o mundo expresaron o seu apoio ao programa que impulsa Mayors for Peace para conseguir a eliminación das armas nucleares en 2020, data na que se cumpren 75 anos dos bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki. Uns 300 municipios españois xa están adheridos á Rede.

Alcaldes pola Paz foi recoñecida como ONG de Nacións Unidas e asignada ao Departamento de Información Pública en Maio de 1991, alcanzando con posterioridade a categoría de ONG co estatus consultivo, sendo rexistrada no Consello Económico e Social. Este crecemento da Plataforma posibilitou que os obxetivos que conducen a un mundo en paz se diversifiquen e que o concepto de paz tome unha dimensión propia máis alá da desaparición das armas nucleares.

Neste sentido, a progresiva incorporación de cidades de países europeos e latinoamericanos á iniciativa foi enriquecendo os seus fins e han favorecido non sólo unha dimensión de paz entendida como a non-violencia e a ausencia de conflitos, senón tamén como o respeto aos dereitos humanos, a convivencia estable e a promoción dos valores vinculados coa xusticia social. É neste contexto no que os Gobernos Locais xugamos un papel crucial como actores principais, non sólo no escenario de prevención de conflitos, onde cada vez tenemos máis relevancia xunto aos Estados, senón tamén nas labores de reconstrución das cidades despois dos conflitos e na tarefa educativa en torno á cultura de paz.

Asemade, a Axenda 2030 dos Obxetivos de Desarrollo Sostible, componentes centrais da paz, poñen en valor cómo o fin da pobreza, a protección do planeta e o logro dunha prosperidade ampliamente compartida son factores que contribuen á armonía global. O Obxetivo 16 céntrase específicamente en cuestións de «Paz, xusticia e institucións sólidas». Aunque a paz subxace como fío condutor en todos e cada un dos 17 Obxectivos.

Os retos actuais plantexados pola pobreza, a fame, a diminución dos recursos naturais, a escasez da auga, a desigualdade social, a degradación ambiental, as enfermidades, a corrupción, o racismo e a xenofobia, entre outros factores, supoñen un desafío para a paz e xerán un terreo fértil para o xurdimento de conflitos. O desenvolvemento sostible contribúe de modo decisivo a disipar e eliminar estas causas de conflito, ademáis de sentar as bases para unha paz duradeira. A paz, a Ásúa vez, consolida as condicións requeridas para o desenvolvemento sostible e moviliza os recursos necesarios que permiten ás sociedades desenvolverse e prosperar. As cidades e os pobos son o fogar común de millóns de personas, e as institucións que as gobernan poden ter un papel clave na consecución de ditos obxectivos.

Son múltiples as formas en que os Gobernos Locais podemos colaborar na construción da paz e, neste senso, a Diplomacia das Cidades engloba unha parte importante delas. Así, a Diplomacia das Cidades foi definida polo Comité das Rexións como o “instrumento a través do cual os Gobernos Locais e os seus órganos poden fomentar a escala mundial a cohesión social, o medio ambiente sostible, a prevención da crise, a resolución de conflitos, así como a labor de reconstrución despois dos conflitos, e todo elo co obxetivo de crear un entorno estable no cal os cidadáns poidan coexistir en paz nun clima de democracia, progreso e prosperidade” [DOUE C 120/01, 28.5.2009].

Cada vez resulta máis habitual que un Goberno Local que o necesite solicite apoio a outros Gobernos Locais para que o axuden a resolver os problemas derivados dunha situación de conflito. Ao tratarse do nivel da administración máis cercana ao cidadá, os Gobernos Locais nos sentimos na obrigación de crear e mantener un entorno pacífico e seguro para seu uso e goce pola súa parte.

A diferencia da diplomacia nacional, que ten como obxetivo resolver problemas políticos entre estados, a diplomacia entre cidades directamente actúa en beneficio dos ciudadáns. Nunha situación de conflito, administracións locais temos maior capacidade que os gobernos e as organizacións internacionais para movilizar a unha gran variedade de persoas con circunstancias distintas, incluidos os representantes das minorías, fomentando o diálogo e a comprensión entre personas máis alá das fronteiras. As posibilidades que se ofrecen dende os gobernos locais nos ámbitos da resolución de conflitos e a reconstrucción postconflito foron amplamente recoñecidas no escenario internacional.

A FEMP ven participando na estratexia de diplomacia de cidades e construcción de paz de Cidades e Gobernos Locais Unidos (CGLU) na que Alcaldes pola Paz convertéuse nun socio indispensable en asuntos tan relevantes como o desenvolvemento, a cultura de paz, as migracións, a convivencia e o diálogo intercultural. España, a través de moitas das súas cidades, foi exemplo en todo o mundo de cómo traballar a favor da paz, e cómo esa loita contou sempre co compromiso da ciudadanía española.

No momento presente, os desafíos aos que o mundo se enfronta deben contar coa alianza de todolos actores con responsabilidade para alcanzar un mundo en paz. A colaboración no seo da rede de Alcaldes pola Paz permite compartir recursos e experiencias e dar voz aos municipios nos ámbitos internacionais sobre os grandes temas que afectan á humanidade.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular propón ao Pleno da Corporación a adopción dos siguientes acordos:

Primeiro.- Manifestar o apoio aos obxectivos de Alcaldes pola Paz e levar a cabo os trámites necesarios para a adhesión á rede internacional.

Segundo.- Difundir e contribuir a un mellor coñecemento entre a cidadanía do traballo levado a cabo en favor da paz de Cidades e Gobernos Locais Unidos e de Alcaldes pola Paz.

Terceiro.- Animar aos alcaldes e alcaldesas doutras poblacións a sumarse á Rede.

Cuarto.- Cooperar entre os membros da rede en actuacións conxuntas en favor da cultura de paz.

Quinto.- Comunicar a adopción destes acordos ao Parlamento español, á Secretaría Internacional de Mayors for Peace en Hiroshima e á Federación Española de Municipios e Provincias.

 

23-03/2017: Acordo plenario remitido a dona Sofía Godoy Gómez-Franqueira.

O Pleno do Concello, por dezaoito votos a favor dos grupos municipais do Partido Popular, PSdeG-PSOE e Ourense en Común, e sete abstencións do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

 

Documentos: