Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Tal e como se coñecía recentemente preto de 2.200 ourensáns están expostos diariamente a un nivel de ruído xerado polo tráfico rodado que está por riba do nivel recomendado polas autoridades (máis de 65 decibelios), segundo o Estudio elaborado polo Ministerio de Fomento, que analizou os viais da súa competencia que ten unha densidade de tráfico superior aos 6 millóns de vehículos ao ano (entre A-52, N-525, N-120 e N-541).

A maior parte da poboación afectada polo ruído atópase nos viais de entrada e saída a Ourense, de xeito especial na N-525, no trazado urbano que atravesa a Avda. de Santiago, e na que 1.500 veciños están directamente afectados. Tamén o outro punto crítico de ruído é a N-120, á altura do barrio do Pino, estando afectados máis da metade dos 500 ourensanos que viven na zona atravesada por esta estrada.

O Ministerio de Fomento elaborou un informe para levar a cabo un plan de acción contra o ruído, para tratar de reverter a situación e mellorar a calidade de vida dos cidadáns. O Concello de Ourense, consciente desta problemática e a consulta do Grupo Municipal Socialista na Xunta de Área de Urbanismo e Vivenda no pasado mes de xaneiro, recoñecía que non existía un plan específico a nivel municipal para combater o exceso de ruído na cidade.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que se adopte o seguinte ACORDO:

1. Instar ao Goberno Municipal a que proceda á redacción e posta en marcha dun Plan Municipal de Acción contra os Ruídos na Cidade de Ourense.

 

O Pleno do Concello por quince votos a favor dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, Democracia Ourensana e Ourense en Común, e dez votos en contra do Partido Popular, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

 

23-03-2017: Acordo plenario remitido a don José Cudeiro Mazaira. Recibido aviso de recepción o 23/03/2017.

 

Concellos: