Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Goberno Municipal do PP de Ourense prantexaba o 23 de Agosto de 1996 a creación na cidade de zonas de recreo para cans. O proxecto tiña como obxectivo que cada barrio dispuxera dun espazo específico para o paseo e recreo dos cans, evitando así problemas e incomodidades aos demais cidadáns e garantindo unha prestación aos propietarios de animais. Por aquel entón, os dous principais focos de acción situábanse no Barrio das Lagoas e no Barrio da Ponte.

A realidade é que dende aquela promesa o único que se levou adiante neste ámbito foi baixo o mandato do Goberno Municipal do PSOE e o BNG no ano 2010, no que rematou a creación do primeiro parque canino da cidade, ubicado entre Salesianos e a Ponte Romana, que, aínda que supuxo un gran avance na socialización resulta a ser insuficiente para o crecente número de propietarios de mascotas da cidade.

Ourense dispón de moitas zonas de lecer onde camiñar, facer deporte ou incluso darse un baño e desfrutar do entorno natural, pero lamentablemente en case todos os rincóns da nosa cidade o acceso con mascotas está prohibido, a excepción do único parque canino existente ata agora.

Na provincia case 15.000 cans con chip que en realidade sería o dobre segundo os expertos, e o gran problema co que nos atopamos é que para pasear a túa mascota ou sacala a facer as súas necesidades tes que ir pola beirarrúa ou ao parque máis cercano, enfadando a outros usuarios que non queren animais en zonas destinadas a outros fins, como poden ser espazos de xogo ou esparcemento infantil.

A petición cidadá de dotación de novos espazos en Ourense para os propietarios de mascotas, onde poder desfrutar sen molestar aos demais cidadáns, promover a boa convivencia entre todos e facilitando que vivas onde vivas poidas ter acceso aos mesmos, resulta fundamental despois de tantos anos e dada a situación actual.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que se adopte o seguinte ACORDO:

1. Instar ao Goberno Municipal a que proceda á creación e instalación de máis parques caninos na cidade de Ourense ante a crecente demanda e á existencia dun único parque deste tipo para toda a cidade que se atopa masificado.

 

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

 

23-03-2017: Acordo plenario remitido a don José Araújo Fernández. Recibido aviso de recepción o 23/03/2017.

 

 Documentos: