Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Na Xunta de Área do pasado 3 de Xaneiro, o concelleiro de Urbanismo José Cudeiro recoñecía que unha vez estean rematadas as obras de urbanización dos accesos ao CHUOU no entorno da Rúa Nsa. Sra. da Saínza era moi probable que existira un colapso no tráfico da zona pola ausencia de grupo semafórico para a regulación do tráfico, e ademais que non estaban previstas por parte do Concello de Ourense actuacións para reparar o estado no que quedaría a rúa tralo remate das obras dentro do proxecto de urbanización.

Dado que as obras de urbanización dos accesos ao CHUOU se atopan nunha fase avanzada e que poida darse unha situación caótica e alarmante para os veciños ante a súa próxima apertura e a falta de previsión por parte do Goberno do PP, os socialistas urximos unha solución por parte do equipo de goberno, co fin de evitar que se poñan en marcha os accesos dunha maneira precipitada e xerando máis problemas que facilidades á poboación.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que se adopte o seguinte ACORDO:

1. Instar ao Goberno Municipal a que proceda á efectuar as obras de reparación urxente do estado das beirarrúas, calzada e acondicionamento de arredores da rúa Nsa. Sra. da Saínza ademais da instalación dun grupo semafórico para a reorganización do tráfico, unha vez rematadas as obras de acceso ao CHUOU e antes da súa apertura ao público e ao tráfico rodado.

 

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

20-02-2017: Acordo plenario remitido a D. José Araújo Fernández. Recibido aviso de recepción 21/02/2017.

 

 Documentos: