Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Coñecedores de que a xustiza europea obriga ao sistema financeiro español a devolver todo o cobrado polas cláusulas solo, que durante anos impediron que os clientes se beneficiasen das rebaixas dos tipos de interese, o Tribunal de Xustiza Europeo ditaminou con data 21 de decembro de 2016 establecer unha retroactividade total na devolución das cláusulas solo que se aplicaron sen ningún tipo de transparencia.

Esta situación afecta aos cidadáns que realizaron as súas hipotecas antes do ano 2013, que se estima que na cidade de Ourense afecta a unhas 12.000 persoas podendo supoñer unha rebaixa duns 7.000 € de media.

Asemade, debemos de engadir a Sentenza do Supremo de data 23 de decembro de 2015 sobre a devolución de gastos hipotecarios, que afecta a todos os que teñan unha hipoteca viva ou a teñan amortizado fai só catro anos, tendo catro anos de prazo para reclamar a contar dende a Sentenza de decembro de 2015, é dicir, que o prazo limite remataría o 24 de decembro de 2019, e tendo en conta que esta sentenza só afecta a consumidores non a empresas, co que incrementaría o número de persoas afectadas mencionadas anteriormente.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que se adopte o seguinte ACORDO:

1. Instar ao Goberno Municipal a que proceda á sinatura dun convenio de colaboración co Colexio de Avogados de Ourense para asesoramento dos afectados.

2. Instar ao Goberno Municipal a habilitar dentro da oficina da OMIC un espazo que conte cun xurídico e un administrativo, para o asesoramento e información da xestión de devolución de cláusula solo e os gastos hipotecarios aos interesados.

3. Instar ao Goberno Municipal, a través da Concellería de Benestar Social e da súa Oficina de Atención ao Consumidor (OMIC), a organización dunha Xornada Informativa e dunha Campaña de Información á cidadanía sobre a Devolución de Cláusulas Solo e Gastos Hipotecarios, comprometendo unha contía económica para o desenvolvemento das mesmas dende dita concellería.

 

O Pleno do Concello por dezaoito votos a favor dos Grupos Municipais do PP, PSdeG-PSOE e Ouerense en Común, e oito votos en contra do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

20-02-2017: Acordo plenario remitido a Dª Sofía Godoy Gómez-Franqueira.

 

 Documentos: