Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Exposición de motivos

A zona coñecida como a Farixa atópase, na actualidade, nunha área con moita poboación e moi próxima ao centro da cidade. Porén, os seus accesos e infraestructuras non concordan en absoluto con esta situación.

O vial principal desta zona (avenida do Regato) atópase nun estado francamente lamentable, especialmente se temos en conta os 400-500 vehículos que por alí circulan a diario en período lectivo. Claro que tampouco debería sorprendernos o seu estado se temos en conta que non foi acondicionado dende a súa apertura no ano 1982, hai mais de 30 anos.

É dicir, que diferentes gobernos locais, tanto do PP como do PSOE, deixaron abandonada durante anos esta zona da cidade.

Na citada avenida do Regato atópanse tres residencias de maiores e persoas con diversidade funcional, unha escola infantil Galiña Azul e o Centro de Formación Profesional da Farixa, o que supón un total dunhas 1.500 persoas que acceden diariamente á zona. E neste feito radica a situación mais preocupante, pois estas persoas circulan sin un mínimo de seguridade.

O vial carece de beirarrúas, polo que as persoas se ven obligadas a camiñar pola estrada; algo bastante complicado cando está permitido estacionar en ambos lados e sempre hai vehículos aparcados. Neste punto cómpre aclarar que o alumnado do centro escolar é maior de idade, e de ahí que moitos leven o seu vehículo. No mellor dos casos, ainda encontrando espazo para circular á pé, o estado do vial dificulta ou mesmo impide o paso con cadeira de rodas ou carriños de bebé, algo bastante frecuente tendo en conta o tipo de centros que ali se atopan. Esta falta de seguridade para os peóns agrávase na época invernal, onde hai moitas menos horas de luz e ainda é de noite cando comeza a xornada laboral/escolar.

Pero sem dúbida o mais dramático da situación é que nunha zona con centros públicos e onde hai maiores e nenos non se podería actuar correctamente chegado o caso dun incendio. No centro de formación profesional faise (como en calquera centro) um simulacro anual de incendio, e os bombeiros xa non acuden, posto que non o podem facer adecuadamente: se entra o camión de bombeiros, non entran as ambulancias. Algo que todos desexamos que non ocurra, pero que sería unha auténtica catástrofe e que por suposto debemos evitar. De pouco serviria lamentarse a posteriori, como tantas veces ocorre nestes casos.

A situación desta zona, polo tanto, non pode esperar máis, posto que vemos que non é só unha simple cuestión de estética ou de comodidade para os vehículos que alí acceden.

Por todo elo, presentamos ao pleno a seguinte

PROPOSTA:

Pedir ao alcalde que proceda ao acondicionamento dos accesos á Farixa, permitindo especialmente que os peóns accedan de forma segura (é imprescindible unha beirarrúa) e que a zona cumpla a normativa de seguridade en caso de incendio ou accidente.

 

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

31-01-2017: Acordo plenario remitido a D. José Araújo Fernández. Recibido aviso de recepción 01-02-2017

 

 Documentos: