Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A creación dunha estrutura comercial que sitúe no casco histórico de Ourense unha rede de establecementos outlet, ubicados en locais que, mantendo a tipoloxía e estrutura da área de intervención, configuren un área de compra cunha imaxe e estrutura común, cremos que sería unha iniciativa económica e comercial de interese para Ourense.

Cada un destes establecementos sería explotado por unha enseña ou empresario, mantendo unha estrutura compartida que, seguindo as pautas dun centro comercial tradicional ou un Centro Comercial Aberto, coordine as actividades de promoción, infraestruturas comúns, sinalética, e en xeral todos aqueles aspectos que contribúan a xerar unha marca conxunta e a mellorar a experiencia de compra.

Os obxectivos fundamentais da creación dun outlet aberto no Ourense histórico serían:
• Revitalizar o casco histórico na área comprendida entre a Praza Maior e o Xardín do Posío xerando actividade comercial e de servizos complementarios, contribuíndo á vertebración da cidade.
• Xerar unha actividade comercial diferenciada e en sinerxia co tecido actual existente no centro urbano de Ourense, que fixe capacidade de compra na área urbana, e potencie a captación do turismo comercial.
• Ofrecer oferta complementaria ás iniciativas que en materia de comercio, termalismo e turismo se desenvolvan na área.
• Complementar as actuacións desenvolvidas no Plan URBAN.

Un outlet aberto permite xerar un centro de actividade comercial de relevancia, con impacto supramunicipal, dentro do tecido urbano, evitando a deslocalización de actividade ao extrarradio e a maiores, é un formato diferencial respecto ao comercio existente no centro urbano de Ourense, complementario aos establecementos full price existentes, e que xera permeabilidade entre ambos formatos, atraendo público englobado dentro do turismo de compras, que combina a visita ao outlet co turismo de cidade, co cal é potencial cliente tanto do comercio existente no entorno do centro como dos establecementos hostaleiros, de ocio e turismo da zona.

Para levar a cabo esta iniciativa cremos que serían necesarios os seguintes pasos:

- Análise de viabilidade e modelo de desarrollo.
- Dimensionamento e encaixe na cidade. Priorización de locais.
- Definición de modelo de xestión.
- Elaboración dun caderno de venta para a captación de iniciativa privada.
- Xeración (no seu caso) de estrutura de colaboración público – privada.
- Captación de “núcleo duro” de enseñas locais con presenza no futuro outlet.
- Integración de axentes sociais do entorno do comercio, hostalería e turismo.
- Rehabilitación e posta a disposición de locais.
- Creación de Estrutura de Xestión.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que se adopten os seguintes ACORDOS:

1. Instar ao Goberno Municipal á activación a través da Mesa do Comercio Local do Concello de Ourense no presente ano 2017, e convidando á participar na mesma tanto a todos os grupos municipais coma aos axentes sociais do entorno do comercio, hostalería e turismo da cidade; da Folla de Ruta sinalada anteriormente para acadar a posta en marcha do proxecto de creación dun Outlet Urbano no Casco Histórico de Ourense.

Emenda presentada polo Grupo Municipal de Ourense en Común:

EMENDA DE MODIFICACIÓN:

TEXTO INICIAL:

1. Instar ao Goberno Municipal á activación a través da Mesa do Comercio Local do Concello de Ourense no presente ano 2017, e convidando á participar na mesma tanto a todos os grupos municipais coma aos axentes sociais do entorno do comercio, hostalería e turismo da cidade; da Folla de Ruta sinalada anteriormente para acadar a posta en marcha do proxecto de creación dun Outlet Urbano no Casco Histórico de Ourense.

MODIFICACIÓN:

1. Instar ao Goberno Municipal á activación a través da Mesa do Comercio Local do Concello de Ourense no presente ano 2017, a estudar e por en marcha un plan de dinamización comercial do Casco Histórico de Ourense.

NOVA REDACCIÓN FINAL:

1. Instar ao Goberno Municipal á activación a través da Mesa do Comercio Local do Concello de Ourense no presente ano 2017, a estudar e por en marcha un plan de dinamización comercial do Casco Histórico de Ourense.

 

O Pleno do Concello por dez votos a favor do Grupo Municipal do Partido Popular, nove votos en contra dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e Ourense en Común, e oito abstencións do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción nos termos que presenta a emenda de Ourense en Común.

31-01-2017: Acordo plenario remitido a Dª Belén Iglesias Cortés. Recibido aviso de recepción 6/02/2017.

 

 Documentos: