Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Tranvía Urbano de Ourense foi unha das propostas estrela que o PSdeG-PSOE de Ourense presentou xa no primeiro semestre do ano 2011, unha iniciativa para a posta en marcha dun novo servizo de transporte, sen coste público, cunha previsión de posta en marcha de 3 a 5 anos e que conectaría a futura Estación Intermodal da Ponte coa zona do CHUOU pasando pola Avenida de Marín, a Ponte Nova, Curros Enríquez, Xoán XXIII e a Avda. de Zamora. Unha aposta por un modo de transporte cercano, moderno, eficiente, económico e sostible, estritamente urbano e de titularidade municipal.

O tranvía funciona con éxito en outras cidades de España como Murcia, Granada, Vitoria, Xaén ou Alicante, acadando a diminución do uso do coche privado nun 10 % e da flota de autobuses nun 30%. Asemade, aportaría un valor engadido á actividade comercial e turística ao ofrecer unha imaxe moderna e actual da nosa cidade.

O proxecto de Tranvía Urbano contemplábase ao remate da concesión actual do servizo de transporte urbano da cidade (actualmente atópase en precario), e a financiación do mesmo recaería exclusivamente na empresa que resultara adxudicataria do procedemento de contratación do servizo. Estimábase un aforro para o Concello duns 200.000 €/anuais.

No aspecto técnico, a idea sería apostar por un tranvía de neumáticos, solución que permite no caso de Ourense unha adecuada adaptación á trama viaria da cidade, e que conectaría os centros neurálxicos e principais polos de actividade da cidade, combinados con tramos de gran afluencia peonil e comercial, favorecendo a comodidade dos pasaxeiros, a eficiencia, accesibilidade dos vehículos a persoas con mobilidade reducida e a redución de tempo nos desprazamentos neste tipo de transporte. Temos que recordar tamén que este proxecto sería complementario ao que o PSOE defende para o aproveitamento das vías que deixará libre o AVE.

Finalmente, a nosa aposta pola implantación do Tranvía Urbano en Ourense fundaméntase tamén no acercamento da futura Estación Intermodal do AVE ao Campus Universitario e ao resto da cidade, a liberación de tráfico que suporía nas zonas mencionadas, a conexión coas futuras zonas neurálxicas da cidade e a rehabilitación do entorno urbano, permitindo inclusive a creación de carrís bici paralelos á liña de tranvía potenciando a mobilidade sostible e responsable.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que se adopten os seguintes ACORDOS:

1. Instar ao Goberno Municipal á Redacción dun Plan de Ordeación e Diversificación da Mobilidade Municipal a través da Mesa de Mobilidade.

2. Instar ao Goberno Municipal a incluír o Proxecto de Implantación do Tranvía Urbano de Ourense nos Pregos de Contratación do Servizo de Transporte Urbano da Cidade, asumindo o custe do mesmo a futura empresa adxudicataria do servizo.

Emenda presentada polo Grupo Municipal de Ourense en Común:

EMENDA DE SUBSTITUCIÓN:

TEXTO INICIAL:

1. Instar ao Goberno Municipal á Redacción dun Plan de Ordeación e Diversificación da Mobilidade Municipal a través da Mesa de Mobilidade.

2. Instar ao Goberno Municipal a incluír o Proxecto de Implantación do Tranvía Urbano de Ourense nos Pregos de Contratación do Servizo de Transporte Urbano da Cidade, asumindo o custe do mesmo a futura empresa adxudicataria do servizo.

SUBSTITUCIÓN:

1. Pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para que proceda a convocar de urxencia a todos os grupos con representación na actual corporación co fin de acadar por consenso un modelo de traballo para a Mesa Municipal de Mobilidade que revise e implemente de forma participada o Plan Estratéxico de Mobilidade Urbana Sustentable de Ourense.

TEXTO DEFINITIVO:

O Pleno do Concello por dezanove votos a favor dos grupos municipais do Partido Popular, PSdeG-PSOE e Ourense en Común, e oito votos en contra do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: aprobar a moción.

31-01-2017: Acordo plenario remitido a D. José Araújo Fernández. Recibido aviso de recepción 01-02-2017

 Documentos: