Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O 19 de abril de 2013 a anterior ministra de Fomento, Ana Pastor presentaba en Ourense o novo proxecto de integración ferroviaria na capital ao obxectivo de integrar e dar adecuada resposta ás opinións de todas as administracións , institucións e sectores implicados ( Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia, Deputación e Concello de Ourense).

A ministra confirmou a variante proxectada entre Taboadela e Ourense como a solución máis axeitada para a chegada da alta velocidade á cidade.

Plantexou unha modificación de trazado entre Taboadela e Seixalbo . Unha modificación parcial en planta e alzado, que acurtaba o túnel de Rante en 1.800 metros, pasando de bitubo a monotubo e con dous novos viadutos.

En definitiva optimizábase o trazado contemplado no proxecto de 2011, facendo un replantexamento dalgunhas das actuacións ferroviarias complementarias, co obxectivo de favorecer a conexión de alta velocidade nos prazos previstos e o máximo aproveitamento dos recursos dispoñibles.

Desde aquela data fóronse sucedendo diversos avances administrativos na tramitación ministerial desta variante ferroviaria.

A mesma ministra de Fomento o 22 de xuño de 2016 reiterou nunha visita a nosa cidade o compromiso con esta variante, afirmando que” para o tramo Taboadela-Ourense, propuxemos unha solución optimizada, sustentable e funcional, que por suposto mantén as prestacións expostas no Estudo Informativo inicial e que posibilita a chegada do AVE á cidade de Ourense e que se trata dunha solución consensuada con todas as administracións”.

Tamen nesa data, informaba que o tramo Taboadela-Seixalbo, estaba en mans do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. E que todos os proxectos estaban na súa fase final, co obxectivo de licitar as obras tan pronto como dispuxeran do visto e prace ambiental, tamén entre Seixalbo e o Tunel de Montealegre estaba a concluir a tramitación ambiental. E que no tramo máis avanzado, tunel de Montealegre – Estación de Ourense estábase a finalizar o proxecto axustando ao acordado co Concello e logo proceder a licitar as obras. Nesa liña de avance administrativo, con data 3 de novembro de 2016, o BOE publicaba a resolución do 20 de outurbro de 2016, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, referida ao impacto ambiental dos proxectos de construción dos tramos Seixalbo – Tunel de Montealegre e Tunel de Montealegre – Estación de Ourense, e do proxecto básico do Tramo Taboadela Seixalbo.

Daba conta de que como consecuencia do proceso de información pública dos devanditos proxectos recibíronse numerosas alegacións á utilización dos vertedoiros V-1 e V-2, tanto de particulares, como do Concello de Taboadela, agrupacións polìticas e asociacións de afectados. E finalmente informaba favorablemente a proposta do novo vertedoiro, cumplindo os requisitos ambientais.

E decir, o proceso administrativo e ambiental da variante avanzou dun xeito lento pero decidido desde 2013 ata novembro de 2016.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do Partido Popular, presenta ao Pleno para o seu debate e aprobación o seguinte acordo:

1.- O Concello de Ourense insta ao Ministerio de Fomento a que en coherencia con todos os pasos administrativos antes citados proceda nesta lexislatura a continuar avanzando na execución da proxectada variante ferroviaria entre Taboadela e Ourense.

Emenda presentada polo Grupo Municipal do PSdeG-PSOE.

EMENDA DE SUBSTITUCIÓN:

SUBSTITUCIÓN DO SEGUINTE PUNTO:

- “O Concello de Ourense insta ao Ministerio de Fomento a que en coherencia con todos os pasos administrativos antes citados proceda nesta lexislatura a continuar avanzando na execución da proxectada variante ferroviaria entre Taboadela e Ourense”.

POLO SEGUINTE TEXTO DEFINITIVO DO ACORDO:

- “Instar dende esta Corporación Municipal á Xunta de Galicia e ao Goberno Central a que se comprometan e garantan o desenvolvemento da Variante Exterior do AVE tal e como está proxectada como proxecto estratéxico para o futuro desenvolvemento da nosa cidade”.

Emenda presentada polo Grupo Municipal de Ourense en Común:

EMENDA DE ADICIÓN:

TEXTO INICIAL:

1.- O Concello de Ourense insta ao Ministerio de Fomento a que en coherencia con todos os pasos administrativos antes citados proceda nesta lexislatura a continuar avanzando na execución da proxectada variante ferroviaria entre Taboadela e Ourense.

ADICIÓN:

2.- O Pleno do concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para que proceda a convocar á maior brevidade posible a Comisión Municipal de impulso e seguimento do proxecto da integración urbana do AVE na cidade de Ourense fixando como un dos puntos da orde do día a apertura dunha campaña de participación e sensibilización co fin de informar e recoller propostas para novos usos dos futuros espazos ferroviarios en desuso, nomeadamente o denominado como Corredor Liberado.

TEXTO DEFINITIVO:

1.- O Concello de Ourense insta ao Ministerio de Fomento a que en coherencia con todos os pasos administrativos antes citados proceda nesta lexislatura a continuar avanzando na execución da proxectada variante ferroviaria entre Taboadela e Ourense.

2.- O Pleno do concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para que proceda a convocar á maior brevidade posible a Comisión Municipal de impulso e seguimento do proxecto da integración urbana do AVE na cidade de Ourense fixando como un dos puntos da orde do día a apertura dunha campaña de participación e sensibilización co fin de informar e recoller propostas para novos usos dos futuros espazos ferroviarios en desuso, nomeadamente o denominado como Corredor Liberado.

 

O Pleno do Concello por dezasete votos a favor dos grupos municipais de Democracia Ourensana, PSdeG-PSOE e Ourense en Común, e dez votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar o primeiro punto da moción.

O Pleno do Concello por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar o segundo punto da moción.

 

31-01-2017: Acordo plenario remitido a D. José Cudeiro Mazaira.

31/01/2017: Carta de Alcaldía dirixida ao Ministerio de Fomento en que insta a que se comprometa e garanta o desenvolvemento da variante exteriordo AVE, tal e como está proxectada como proxecto estratéxico para o futuro desenvolvemento da nosa cidade. Recibido acuso de recepción 02/02/2017.

31/01/2017: Carta de Alcaldía dirixida á Consellería de Insfraestruturas e Vivenda en que insta a que se comprometa e garanta o desenvolvemento da variante exteriordo AVE, tal e como está proxectada como proxecto estratéxico para o futuro desenvolvemento da nosa cidade. Recibido acuso de recepción 02/02/2017.

31/01/2017: Carta de Alcaldía dirixida ao presidente da Xunta de Galicia en que insta a que se comprometa e garanta o desenvolvemento da variante exteriordo AVE, tal e como está proxectada como proxecto estratéxico para o futuro desenvolvemento da nosa cidade. Recibido aviso de recepción 2/02/2017. 

 Documentos: