Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

XUSTIFICACIÓN DA URXENCIA:

Segundo o Artigo 65 Punto 3 do Regulamento Orgánico de Goberno e Organización, do Pleno e a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións do Concello de Ourense, publicado no BOP do 14 de novembro de 2012; “os voceiros están facultados para presentar mocións”. No caso de que estas sexan presentadas polo trámite de urxencia deberán ser “presentadas por escrito no rexistro xeral do Concello, dirixidas á Secretaría Xeral do Pleno ata as once horas do día anterior á celebración da sesión plenaria”.

Toda vez cumprimentados os prazos xustifícase a súa urxencia pola seguintes razóns:
1. O proxecto museográfico presentada polo Comité de Cooperación Deputación – Concello de Ourense foi presentado a posteriori do prazo para presentación de iniciativas plenarias ordinarias. Antes de avanzar na súa implementación é necesario redefinir coa maioría da corporación a súa finalidade, obxectivos, modelo de xestión, gastos, etc.

2. A demanda dun investimento digno por parte do Administración Xeral do Estado nos Orzamentos de 2017, actualmente en debate, para o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que suma xa 15 anos pechado.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN

O luns 28/11/2016 os grupos da oposición, maioría na actual corporación do Concello de Ourense, coñecíamos polos medios de comunicación que o denominado Comité de Cooperación Deputación -Concello de Ourense pretendía promover tres novos museos para o centro histórico no horizonte de 2017 a 2019. Toda a información aos grupos foi trasladada en exclusiva por estes medios de comunicación perante a inexistencia de informe por parte da concelleira responsable desta área no equipo de goberno municipal que afirmaba na Xunta de Área de Cultura celebrada o martes 29/11/2016 “descoñecer o proxecto”.

Segundo diferentes medios de comunicación a iniciativa pretende crear:

- Museo Medieval da cidade emprazado no Convento de San Francisco

- Museo da Roda de Afiar no edificio sito na rúa Monterrei propiedade da Deputación

- Museo "Os Bolechas", instalado na coñecida como Casa da Maxia propiedade do Concello, na Praza da Ferreiría.

Sen entrar a valorar a necesidade e idoneidade das diferentes propostas temáticas, así como a súa competencia directa con outros proxectos museográficos con maior tradición, fondos e recursos como o propio Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, restan por definir características de xestión fundamental. Así é que nos acordos propostos polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, non se definen criterios básicos como: financiamento da infraestrutura, modelo de xestión, mantemento, etc.

É por todo o anterior que o Grupo Municipal Ourense en Común presenta ao Pleno para o seu debate e aprobación os seguintes acordos

ACORDOS:

1.- O pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para que proceda a convocar a todos os grupos políticos da corporación, con presenza de técnicos municipais, para redefinir a proposta museográfica presentada aos medios de comunicación polo denominado Comité de Cooperación Deputación - Concello de Ourense.

2.- O pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para que solicite ao novo executivo e todos os grupos parlamentarios das Cortes Xerais do Estado, un investimento digno por parte do Administración Xeral do Estado nos Orzamentos de 2017 para o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que permita iniciar as obras de rehabilitación e a apertura de portas deste espazo á maior brevidade posible.

 

O Pleno do Concello por dezasete votos a favor dos grupos municipais de Democracia Ourensana, PSdeG-PSOE e Ourense en Común, e dez votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar o primeiro punto da moción.

O Pleno do Concello por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar o segundo punto da moción.

 

31-01-2017: Acordo plenario remitido a D. Jorge Pumar Tesouro. Recibido aviso de recepción 5/04/2017.

31/01/2017: Carta de Alcaldía dirixida ao Ministerio de Hacienda y Función Pública en que insta a un investimento digno por parte da Administración xeral do Estado nos orzamentos de 2017 para o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que permita iniciar as obras de rehabilitación e a apertura de portas deste espazo á maior brevidade posible. Recibido aviso de recepción 02/02/2017.

31/01/2017: Carta de Alcaldía dirixida ao Ministerio de Ministerio de Educación, Cultura y Deporte en que insta a un investimento digno por parte da Administración xeral do Estado nos orzamentos de 2017 para o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que permita iniciar as obras de rehabilitación e a apertura de portas deste espazo á maior brevidade posible.

31/01/2017: Carta de Alcaldía dirixida ao Grupo Parlamentario Popular del Congreso de los Diputados en que insta a un investimento digno por parte da Administración xeral do Estado nos orzamentos de 2017 para o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que permita iniciar as obras de rehabilitación e a apertura de portas deste espazo á maior brevidade posible.

31/01/2017: Carta de Alcaldía dirixida ao Grupo Parlamentario Ciudadanos del Congreso de los Diputados en que insta a un investimento digno por parte da Administración xeral do Estado nos orzamentos de 2017 para o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que permita iniciar as obras de rehabilitación e a apertura de portas deste espazo á maior brevidade posible.

31/01/2017: Carta de Alcaldía dirixida ao Grupo Parlamentario Vasco del Congreso de los Diputados en que insta a un investimento digno por parte da Administración xeral do Estado nos orzamentos de 2017 para o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que permita iniciar as obras de rehabilitación e a apertura de portas deste espazo á maior brevidade posible.

31/01/2017: Carta de Alcaldía dirixida ao Grupo Parlamentario Socialista del Congreso de los Diputados en que insta a un investimento digno por parte da Administración xeral do Estado nos orzamentos de 2017 para o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que permita iniciar as obras de rehabilitación e a apertura de portas deste espazo á maior brevidade posible.

31/01/2017: Carta de Alcaldía dirixida ao Grupo Parlamentario de Esquerra Republicana del Congreso de los Diputados en que insta a un investimento digno por parte da Administración xeral do Estado nos orzamentos de 2017 para o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que permita iniciar as obras de rehabilitación e a apertura de portas deste espazo á maior brevidade posible.

31/01/2017: Carta de Alcaldía dirixida ao Grupo Parlamentario Mixto del Congreso de los Diputados en que insta a un investimento digno por parte da Administración xeral do Estado nos orzamentos de 2017 para o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que permita iniciar as obras de rehabilitación e a apertura de portas deste espazo á maior brevidade posible.

31/01/2017: Carta de Alcaldía dirixida ao Grupo Parlamentario Unidos Podemos del Congreso de los Diputados en que insta a un investimento digno por parte da Administración xeral do Estado nos orzamentos de 2017 para o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que permita iniciar as obras de rehabilitación e a apertura de portas deste espazo á maior brevidade posible.

 

 Documentos: