Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:30 horas (Explanada de Oira). I Canicross, que transcorrerá polos camiños paralelos da ribeira do río Miño con saída e chegada na explanada de Oira, xunto ao merendeiro. As inscricións realizaranse alí mesmo. Asistirá a concelleira de Sanidade, Sofía Godoy. 

  • 9:00 horas. Control veterinario e entrega de dorsais.
  • 9:45 horas. Reunión informativa.
  • 10,30 horas. Saída.

Para participar será necesario presentar no Control Veterinario a Cartilla de Vacinación do can (ou Pasaporte), actualizado, firmado e selado por un veterinario colexiado, e o certificado de implantación do microchip obrigatorio, e a documentación oficial do can. Realizaranse revisións clínicas aos animais á chegada para contrarrestar os posibles trastornos durante a carreira.

 

 

10:30 a 14:00 horas (rúa do Paseo e Praza de San Antón). Unha comitiva dos Reis Magos Ecolóxicos cos seus paxes percorrerán as principais rúas e barrios da cidade informando e concienciando á poboación para que este Nadal depositen cada residuo no seu contedor, reduzan na medida do posible o empaquetado, reutilicen bolsas e envoltorios dos regalos...

 

12:00 horas (Praza de San Antón). Contacontos de temática medioambiental.

 

16:30 horas I San Silvestre Ourensá (Saída e chegada no Parque do Barbaña, xunto á explanada deportiva do parque) A proba está organizada polo Club Deportivo Aurum, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e coa autorización da Federación Galega de Atletismo. Esta proba está incluída no calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo. Asistirá o concelleiro de Deportes, Mario Guede.

  • 16:30 horas. Saída na categoría de pitufos (cunha distancia de 80 metros)
  • 16:35 horas. Saídas benxamín e alevín (1,4 km)
  • 16:45 horas. Saídas infantil e cadetes (2,35 km)
  • 17:00 horas. Saída categoría absoluta (xuvenil, junior, promesa, senior, veteranos (7,05 km).