Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:30 horas (Ponte Vella, rúa das Caldas) O Concello e Ecourense inician a campaña divulgativa e de sensibilización "En Ourense presumimos dun Nadal Ecolóxico". Unha comitiva de Reis Magos Ecolóxicos, acompañados polos seus paxes percorrerán as principais rúas e barrios da cidade para informar e concienciar á cidadanía para que neste Nadal depositen cada residuo no contedor axeitado, e colaboren coa reciclaxe, a reutilización e a redución de residuos. Asistirá o concelleiro de Limpeza, José Araújo.

Programa de actividades de Nadal "Ourense con luz propia"

Actividades de conciliación familiar en La Molinera (Campamento Minecraft), Aula de Natureza, Sala Valente, Bibliotecas municipais e colexio Salesianos (Mañás de Nadal, de Amencer) e Obradoiros nos centros cívicos de Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo

  • 16:00 horas (Pavillón dos Remedios) V Torneo social de Nadal de balonmano
  • 17:00 a 22:00 horas (Espazo Lusquiños) Scalextric Solidario organizado pola Concellería de Xuventude en colaboración con Progape. Para asistir hai que levar un xoguete ou pienso para mascotas
  • 18:00 a 19:00 horas (Piscina Rosario Dueñas) Xornadas acuáticas de Nadal
  • 19:30 horas (Auditorio) A compañía madrileña La canica teatro representa “Sirenita”, teatro de títeres e obxectos, para nenos a partir de 4 anos dento da Mostra de Teatro Infantil de Ourense MOTI 2016. Máis información en: http://motiourense.blogspot.com.es/
  • 20:00 a 24:00 horas (A VV Barrocás) XXXII Torneo Internacional Aninovo Barrocás VII Memorial Manuel Villar