Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

08:30 horas (Sala de Xuntas da Alcaldía. Só gráficos). Xunta de Goberno Local.

 

10:00 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa para informar dos asuntos da Xunta de Goberno Local.

 

12:00 horas (Sala Valente). O Apalpador chega á Sala Valente.

 

12:30 horas (Rúa do Paseo. Xunto ao antigo Banco de España). Presentación da actividade de Nadal “O cine máis pequeño do mundo”.

 

18:00 horas (Centro Cívico de A Cuña). Festa de Nadal: Contacontos do Nadal, a cargo da Aula de teatro da terceira idade e nenos do centro. Panxoliñas pola coral Gaudeamus da Aula de música da terceira idade. Panxoliñas infantís a cargo dos nenos e nenas dos centros cívicos. Exhibición de baile das alumnas e alumnos dos cursos de baile latino e moderno dos centros. Chocolatada de inicio das festas.

 

18:00 horas (Praza Maior). Papá Noel estará nos soportais do Concello.

 

20:30 horas (Igrexa de Santa Eufemia). Concerto de Nadal. María do Ceo.

 

23:00 horas (Liceo). Ciclo de Lírica. O broche de ouro correrá a cargo da galega Lucía Martínez Cuartet e o ourensán Enrique Alberto Martínez Rivero. De feito, este concerto que pechará o ciclo suporá unha innovadora e sorprendente fusión de jazz e ópera cunha estrela internacional do jazz, a galega Lucía Martínez, que actualmente reside en Berlín; e co tenor ourensán Enrique Alberto Martínez.