Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:00 horas (CIFP Portovello) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, visita o CIFP Portovello, onde alumnas e alumnos de Comercio organizan unha simulación de centro comercial.

 

10:45 horas (Auditorio) Presentación da obra de teatro “Get Back”, do ourensán Diego Ameixeiras, que se representará a compañía Eme2 o xoves, ás 20:30 horas, no Auditorio. Asistirá a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.

 

11:00 horas (Alcaldía. Só gráficos. Declaracións ao remate) Xunta de portavoces convocada polo alcalde coa seguinte orde do día:

  • Información sobre a xuntanza mantida polo alcalde e o ministro de Fomento, o martes, 13 de decembro, en Madrid
  • Análise da situación actual do proxecto de integración do tren de alta velocidade en Ourense.

 

16:00 horas (Rúa do Paseo) Actividade “Regalamos apertas”, da Escola Municipal de Teatro

 

18:00 horas (Centro cívico As Termas) “O Nadal chega ao noso centro cívico”: contacontos “O xogante comilón”, a cargo da Aula de Teatro da Terceira Idade, panxoliñas pola Coral Gaudeamus da Aula de Música da terceira idade, Capela Madrigalista, nenos e nenas, bailes de salón dos cursos de baile e chocolatada de inicio de Nadal

19:00 horas (O Couto) Priscila: versións para o Nadal

 

20:00 horas (Auditorio) Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira Belén Iglesias.

 

20:30 horas (Igrexa de Santa Eufemia) XXII Certame de Vilancicos e Panxoliñas