Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:00 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa para presentar o PopUp Store de Nadal de Ourense. Asisten o alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira Sofía Godoy.

 

11:00 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa para presentar a I Carreira San Silvestre de Ourense. Asisten o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro Mario Guede.

 

11:00 horas (Auditorio). “Perplexo”, de IlMaquinario

Sinopse. Laura e Fernando volven a casa despois das vacacións, mais ao pouco de entrar perciben nela pequenos pero estraños cambios: unha nova planta aparece na cociña, o seu gato non está por ningures e a luz está cortada por falta de pago, aínda que uns amigos da parella, Fran e Mela, quedaron ao coidado das cousas na súa ausencia. Cando esta nova parella aparece en escena a situación da un xiro, pois semella que eles son os verdadeiros e lexítimos propietarios da vivenda.

 

12:00 horas (Auditorio). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á inauguración da exposición fotográfica itinerante de Stop Accidentes “Peón, non atraveses a túa vida”.

 

18:00 horas (Centros Cívicos A Ponte, A Cuña, As Termas, Colón e Seixalbo). Decora o teu centro cívico (Actividade de Nadal)

 

19:00 horas (Praza de San Cosme e San Damián). Inauguración de Belén de Baltar e do alumeado especial deste entorno. Actuará o coro de nenos da Capela Madrigalista.

 

20:00 horas (Espazo Lusquiños). Concerto Solidario Operación Quilo.

Organizado por Concellería de Xuventude e Amencer para recoller alimentos para a Operación Quilo. Os grupos musicais que ensaian no Espazo Lusquiños da Mocidade ofrecerán o venres, 16 de decembro, un concerto solidario, para apoiar á Operación Quilo que realiza Amencer. Será ás 20:00 horas, no propio espazo Lusquiños, e a entrada simbólica consistirá nun quilo de alimentos.

Esta actividade enmárcase na Operación Quilo que a Asociación Xuvenil Amencer leva organizando desde 1986. O obxectivo é axudar ás familias máis necesitadas da cidade de Ourense, conseguindo para elas alimentos e xoguetes durante a campaña de Nadal.

 

20:30 horas (Teatro Principal). Concerto da mezzo-soprano Sandra Ferrández e a pianista Husan Park, dentro do Ciclo de Lírica 2016 organizado polo Concello de Ourense.

A gran mezzosoprano española Ana Ferrández ofrecerá un recital en Ourense baseado en canción española, opereta e ópera. O seu concerto, que terá lugar este venres ás 20:30 horas no Teatro Principal, xerou gran expectación entre os fans de ópera en Galicia, xa que é unha das estrelas actuais da ópera internacional. Trátase dunha das figuras que compoñen o cartel do Ciclo de Lírica 2016 organizado polo Concello de Ourense.

O prezo das entradas é de 5 euros e se poden mercar en ataquilla.com e dúas antes do espectáculo na billeteira do teatro.

 

20:30 horas (Auditorio). “Perplexo”, de IlMaquinario

Sinopse. Laura e Fernando volven a casa despois das vacacións, mais ao pouco de entrar perciben nela pequenos pero estraños cambios: unha nova planta aparece na cociña, o seu gato non está por ningures e a luz está cortada por falta de pago, aínda que uns amigos da parella, Fran e Mela, quedaron ao coidado das cousas na súa ausencia. Cando esta nova parella aparece en escena a situación da un xiro, pois semella que eles son os verdadeiros e lexítimos propietarios da vivenda.