Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:00 e 12:00 horas. Auditorio Municipal. Concerto didáctico para escolares da Concellería de Educación a cargo do quinteto de vento metal "Hércules Brass". Participan un total de 1.050 alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria de 24 centros de ensino da cidade.

 

10:30 horas. Alcaldía. Só gráficos.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibe a alcaldesa de Ponferrada, Gloria Fernández Merayo.

 

11:00 horas. Salón de Plenos. Só gráficos.
O alcalde de Ourense e integrantes da corporación municipal reciben á delegación do concello de Ponferrada.

 

12:00 horas. Salón de Plenos.
Presentación da nova web municipal, Ourense.gal.
Asisten: o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Sistemas de Información, Jorge Pumar, e dous técnicos da área de Sistemas de Información.