Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

12:00 horas (Auditorio). Animundis, Teatro Infantil

Sinopse: Divertido musical de swing, funky e rock, que narra a historia de Bim “O Pingüín frioleiro” e “Kiwi” o paxaro que non pode voar. A risa está asegurada nunha educativa obra que mostra as carencias dunha sociedade intolerante a través das tecnoloxías multimedia e a música infantil menos convencional.

 

20:30 horas (Auditorio). Helena Bianco & Los Mismos

Sinopse: 50 anos coa música, e plásmao nun musical. A traxectoria artística dunha figura, voz do lendario grupo dos anos 60 e 70, “Los Mismos”, chea de éxitos, vivencias profesionais e persoais que a artista reflicte neste musical, facendo un amplo percorrido histórico desde os años 60 ata o día de hoxe.

Temas como “Dile”, “Estando contigo”, “Quisiera ser”, “Sugar,Sugar”, “Guarda tus besos para mi”... grandes éxitos da época con arranxos actualizados como “La Bámbola”, “Que tiempo tan feliz” ou “La Casa del Sol Naciente”, “Tu serás mi baby”, “Sapore di sale”, “Todo tiene su fin”, entre moitos outros e así como unha pequena homenaxe aos seus compañeiros Nino Bravo e Rocío Jurado.