Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

09:00 horas. (Salón de Plenos) Pleno.

 

11:00 horas (Auditorio). Teatro escolar: Normas para saber Vivir na Sociedade Actual (Sarabela)

 

18:00 horas (Auditorio). As aventuras do Quebranoces, por Musicreques

Sinopse: O Nadal chegou a casa de Clara e o seu irmán con moitos agasallos, entre eles un fermoso boneco Quebranoces. Maxicamente esa noite o boneco se transforma nun soldadiño valente que defende a Clara do malvado rei Rato e os seus pinches. Impresionada pola valentía de Quebranoces, a Fada de azucre decide premiar os protagonistas levándoos de viaxe polo mundo.

Elenco: Alma Cendan, Loreto Pérez. Autor, adaptación, música: Alma Cendan, Loreto Pérez.

Ata 3 anos.

 

20:00 horas (As Burgas). Inauguración da decoración especial de Nadal nas Burgas.

Estará amenizada pola coral Gaudeamus e polo coro infantil da Capela Madrigalista.

Asistirá o alcalde, Jesús Vázquez, e membros da Corporación.

 

20:30 horas (Auditorio). Todos os Públicos: Normas para saber Vivir na Sociedade Actual (Sarabela)

 

21:30 horas (Liceo). O alcalde, Jesús Vázquez, e membros da Corporación asisten á Cena Benéfica da Asociación 1ª de mayo, organizada polo doutor Garrido Valenzuela