Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

08.30 horas (Sala de xuntas da Alcaldía. SO GRAFICOS). Xunta de Goberno Local

 

10.00 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa para dar conta dos asuntos aprobados en Xunta de Goberno Local.

 

11.00 horas (Auditorio). Presentación oficial da convocatoria 2017/18 de cursos e actividades para persoas maiores, que todos os anos leva a cabo a Concellería de Asuntos Sociais, dentro do Programa de Envellecemento activo. A oferta de actividades vai dirixida ás persoas maiores de 60 anos que están empadroados no Concello de Ourense. Asisten o alcalde, Jesús Vázquez e a concelleira Sofía Godoy.

 

12.30 horas (Colexio de Seixalbo). O alcalde, Jesús Vázquez, acompaña á delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, na visita ás obras que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está acometendo no colexio de Seixalbo.

 

17.30 horas (Salón de Plenos). Entrega de premios aos gañadores do sorteo do "Box dos Desexos", dentro da Campaña da Nadal organizada polo Concello a través da Concellería de Comercio. Asisten: o alcalde, Jesús Vázquez e a concelleira de Comercio, Flora Moure.

 

20:30 horas (Teatro Principal) V Enclave de Cámara: Concerto do Quinteto de solistas de vento da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG). Entradas entre 5 € e 8 €. O Quinteto está formado por Claudia Walker, frauta, Casey Hill, óboe, Juan Antonio Ferrer Cerveró, clarinete, Steve Harris Wangler, fagot, e David Bushnell, trompa. O repertorio irá desde Mozart até Reicha, Rossini ou Carl August Nielsen. Toda a info en www.enclavedecamara.com